Bienvenido (futbolista)
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Bienvenido (futbolista) | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacido | valor descoñecido | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bienvenido.
Bienvenido foi un futbolista galego de comezos do século XX que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xa militaba no Real Club Fortuna de Vigo antes da fusión deste co Real Vigo Sporting Club para dar lugar ao nacemento do Celta de Vigo en agosto de 1923, pasando a formar parte do cadro de xogadores. Pese a gran competencia nun cadro de máis de sesenta xogadores, sempre contou coa confianza tanto do primeiro adestrador da historia do club, Francis Cuggy, coma do seu sucesor, Andrés Balsa.
Pouco a pouco foi perdendo protagonismo coa chegada do escocés Mr. Cowan ao banco e finalmente deixa o equipo ao remate da tempada 1926/27, tendo gañado tres veces o Campionato galego.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Txema Ereaga (9 de febreiro de 2013). "Bienvenido: Entre el equipo A y el equipo B". Fame Celeste (en castelán).