Manolo Posada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manolo Posada
Nacemento2 de agosto de 1896
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

Manolo Posada Tapias, nado o 2 de agosto de 1896 en Vigo, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou xogando no Real Club Fortuna de Vigo, pero os seus estudos en Madrid permitíronlle alternar o equipo vigués co Real Madrid.

Trala fusión do Fortuna co Real Vigo Sporting Club e o nacemento do Celta de Vigo en 1923 o dianteiro do Real Madrid volveu a Vigo para enrolarse nas filas no novo club.

O seu primeiro encontro oficial co Celta foi o segundo do Campionato de Galicia, na tempada 1923-24, fronte ao Unión Sporting Club de Lavadores e no que marcou 3 dos 7 goles que marcou o Celta (7-0). O Celta proclamouse Campión de Galicia sen sufrir ningunha derrota.

Porén foi a última tempada do xogador no Celta, xa que abandonou o fútbol e pasou a fomar parte da directiva do club.

Tamén formou parte da Selección de fútbol de Galicia en varias ocasións, como por exemplo o encontro internacional ante a Selección de Lisboa o 27 de maio de 1923.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]