Luís Correa (futbolista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís Correa (futbolista)
Información persoal
  Vigo
Nacionalidade España
Posición Dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Luís Correa, nado en Vigo foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar a fútbol no Rápido de Bouzas de Vigo. Tamén xogou no Racing Club de Ferrol en 1921/22 e 1922/23, antes de fichar polo Real Club Fortuna de Vigo, club que en 1923 se fusionou co Real Vigo Sporting Club para dar lugar ao Real Club Celta de Vigo, do cal foi un dos seus primeiros xogadores.

No primeiro encontro de presentación do novo equipo quedou encadrado no equipo B pero pronto soubo facerse sitio na dianteira titular, xunto a xogadores como Ramón Polo, Pedro Pinilla, Chicha, Luciano Reigosa ou Balbino Clemente.

Disputou o primeiro encontro oficial do equipo celeste, o 7 de outubro de 1923, contra o Unión Sporting Club na fase de clasificación para o Campionato de Galicia, encontro que gañaría o Celta por 2-0 con un gol de Luís Correa.

Correa disputou un total de 23 encontros oficiais co Celta anotando 12 goles.

Como moitos outros xogadores do Celta desa época formou parte da Selección de fútbol de Galicia nos anos 20 e 30 do século vinte, disputando dous encontros e anotando dous goles coa selección. Sendo o seu debut o 28 de xaneiro de 1923 contra a Selección de Pontevedra, no que anotou os seus dous goles no triunfo da Selección galega por 4-1.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club Ano
Campionato de Galicia Real Club Fortuna de Vigo 1921-22
Campionato de Galicia Celta de Vigo 1923-24
Campionato de Galicia Celta de Vigo 1924-25

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]