Jacobo Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jacobo Torres
Información persoal
Nacionalidade España

Jacobo Torres foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Torres formaba parte do equipo do Real Club Fortuna de Vigo no momento da súa fusión co Real Vigo Sporting Club, que deu lugar ao nacemento do Celta de Vigo, pasando a formar parte do novo equipo.

O 16 de setembro de 1923 Jacobo Torres vestiu por primeira vez a camisola do Celta, no encontro amigábel entre dous equipos confeccionados con xogadores do Celta, que por entón tiña un equipo moi extenso, de ao redor de 60 xogadores. O equipo titular foi: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Jacobo Torres, Balbino, Reigosa, Gerardito, Chicha, Polo e Pinilla.

Na primeira tempada na que o Celta competiu no Campionato de Galicia, a 1923-24, proclámase campión, sendo Torres un dos xogadores máis utilizados. Ao ano seguinte repiten éxito, pero sería o último xa que a finais de 1925 Jacobo emigra a Cuba.

En Cuba segue xogando a fútbol, defendendo a zamarra do Centro Galego da Habana.

Tamén foi un habitual nas convocatorias da Selección de fútbol de Galicia, participando entre outros na estrea internacional do combinado, ante a a Selección de Lisboa que finalizou con vitoria galega por 3-1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]