Juanito Clemente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juanito Clemente
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

Juan Clemente, máis coñecido como Juanito, nado en Vedra (A Coruña), foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogaba no Fortuna en 1923, no momento da fusión co Vigo Sporting para dar lugar ao Celta de Vigo, converténdose nun dos capitáns do novo equipo, xunto con Luís Otero, Pasarín e Córdoba.

O 16 de setembro de 1923 no campo de Coia produciuse a presentación do Real Club Celta de Vigo cun encontro entre dous equipos confeccionados co seu cadro de xogadores que naquel momento era de 62. Un deles foi capitaneado por Juanito.

O Celta debutou en competición oficial ese mesmo ano no Campionato de Galicia, trofeo que ia gañar esa tempada ao igual que as dúas seguintes. Neses anos Juanito Clemente formou parella na defensa con Pasarín e con Otero antes de que este fichase polo Deportivo da Coruña.

Pese a actuar como defensa acadou boas cifras goleadoras, sobre todo transformando penaltis. Lémbranse especialmente algúns dos goles de Juanito, como por exemplo o que marcou no último encontro do primeiro Campionato de Galicia que conseguiu o Celta fronte ao Eiriña CF, ou os dous que marcou ante o Boca Juniors nun dos dous amigábeis que xogou o club xeneize na súa xira europea de 1925 en Vigo.

Tamén xogou na defensa xunto a Pasarín o primeiro encontro que disputou o Celta no Campionato de España, contra o Athletic de Bilbao.

Na tempada 1925-26 comezou a ser suplente ca chegada de xogadores máis xoves como Cabezo. Na seguinte tempada disputaría os seus últimos encontros co equipo vigués.

En agosto de 1931 disputouse en Vigo dous encontro na súa honra, un entre o Español FC e o Alondras CF, con vitoria dos primeiros por 5-2, e outro entre antigos xogadores do Vigo Sporting e o Fortuna con un 3-4 como resultado final.

Formou parte da Selección de fútbol de Galicia en varias ocasións, destacando os encontros contra un combinado dunha escuadra da armada británica e contra a selección de Lisboa.

Equipos[editar | editar a fonte]

Anos Club
Real Vigo Sporting Club
1921-1923 Real Club Fortuna de Vigo
1923-1927 Real Club Celta de Vigo

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club Tempada
Campionato de Galicia Real Club Fortuna de Vigo 1921-23
Campionato de Galicia Celta de Vigo 1923-24
Campionato de Galicia Celta de Vigo 1924-25
Campionato de Galicia Celta de Vigo 1925-26

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]