O aeroporto internacional Mohamed Boudiaf(IATA: CZL,OACI: DABC) (IATA: CZL, ICAO: DABC), é un aeroporto en Alxeria situado a uns 9 quilómetros ao sur da cidade de Constantina.
A aeroporto foi construído en 1943 como o aeródromo de Constantina polo Exército dos Estados Unidos de América durante a campaña do Norte de África da segunda guerra mundial. Usouse principalmente como un depósito de mantemento e provisións para o Mando se Servizo Aéreo Técnico e tamén serviu como cuartel xeral para o XII Mando de Bombardeiros. Foi tamén utilizado como posto de mando para o Mando das Forzas Aliadas (AFHQ) para as forzas de terra da Francia Libre, o Reino Unido e os Estados Unidos en Alxeria en febreiro de 1943, baixo o mando do xeneral Sir Harold R. L. G. Alexander, para coordinar as accións do Primeiro Exército estadounidense que avanzaban dende o oeste e do Oitavo Exército británico avanzando dende o leste contra os Afrika Korps alemáns. En 1944 foi entregado ao goberno de Alxeria e foi utilizado ocasionalmente por avións do Mando de Transporte Aéreo ata o final da guerra.
O aeroporto recibiu o nome do presidente Mohamed Boudiaf. Boudiaf, tamén chamado Si Tayeb el Watani, foi un líder político arxelino e un dos fundadores do revolucionario Fronte de Liberación Nacional (FLN), que liderou a Guerra de Independencia de Alxeria entre 1954 e 1962.