French Bee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
French Bee
IATA
BF
OACI
FBU
Indicativo
FRENCH BLUE
Fundación2016
Aeroporto principalaeroporto de París-Orly
Frota3
Destinos5[1]
HoldingGroupe Dubreuil
Páxina web: https://www.frenchbee.com

French Bee, anteriormente French Blue,[3] é unha aeroliña de baixo custo francesa baseada no aeroporto de París-Orly. Opera unha rede de rutas de longo alcance entre París e Punta Cana, San Francisco, Papeete e Reunión.[1] A súa sede atópase na comuna de Belleville-sur-Vie, no departamento de Vendée.

Historia[editar | editar a fonte]

A aeroliña fundouse no ano 2016 como French Blue, creada polo Groupe Dubreuil. Groupe Dubreuil tamén é o propietario de Air Caraïbes.[2][3] O primeiro voo a Punta Cana foi o día 10 de setembro dese mesmo ano.[4] French Blue tamén opera algúns voos no nome de Air Caraïbes dende o 1 de xullo de 2016.[5]

En novembro de 2017 a compañía foi renomeada como French SAS. Para evitar problemas legais coa aeroliña estadounidense JetBlue o 30 de xaneiro de 2018 anunciouse que pasaría a chamarse French Bee.

Frota[editar | editar a fonte]

Airbus A350

En abril de 2018 a frota de French Bee estaba formada polos seguintes avións:[6]

Frota de French Bee
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
P Y} Total
Airbus A330-300 1 28 350 378
Airbus A350-900 2 35 376 411
Total 3 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 French Bee (ed.). "Our destinations". Consultado o 29 de maio de 2018. 
  2. Reuters (ed.). "Long-haul budget airline French Blue sets two-year deadline to break even". Consultado o 29 de maio de 2018. 
  3. Tourmag (ed.). "French Blue, la nouvelle compagnie low-cost long courrier française". Consultado o 29 de maio de 2018. 
  4. Air Transport World (ed.). "French Blue launches operations from Paris to Punta Cana". Consultado o 29 de maio de 2018. 
  5. La Tribune (ed.). "French Blue lance le low-cost long courrier à 149 euros TTC ! (l'aller simple)". Consultado o 29 de maio de 2018. 
  6. Planespotters (ed.). "French bee Fleet Details and History". Consultado o 29 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]