Saltar ao contido

Ilyushin Il-62

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilyushin Il-62
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Uso
Implicados
 Desenvolvedor/a
 Fabricante
Características
 Total producido
292 Editar o valor en Wikidata
 Impulsado por
 Configuración da á
Dimensións
Altura12,35 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude53,12 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura43,2 m Editar o valor en Wikidata
Altitude operacional12.000 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
1965 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
3 de xaneiro de 1963 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
14 de agosto de 1972Interflug Flight 450 (en) Traducir
20 de agosto de 1975Voo 540 de ČSA
14 de marzo de 1980Voo LOT Polish Airlines 007 (pt) Traducir
9 de maio de 1987Voo 5055 de LOT Polish Airlines Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/01hfrf Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O Ilyushin Il-62 (alcumado Classic) foi o primeiro reactor de pasaxeiros de longo alcance producido na Unión Soviética. Fixo o seu primeiro voo en xaneiro de 1963 e entrou en servizo con Aeroflot o 15 de setembro de 1967. Foi concibido como sucesor do turbohélice Il-18, e coa súa capacidade de case 200 pasaxeiros era o reactor de liña máis grande cando realizou o seu voo de estrea. Foi un dos catro pioneiros da súa clase (xunto co 707, o DC-8 e o VC10), e tratouse do primeiro avión do seu tipo en operar na Unión Soviética e varios países máis.

As esixencias do seu deseño foron moi semellantes ás do VC10, de aí o feito de que ambos os avións se asemellen bastante, e inclúan un longo alcance e que puidesen operar dende pistas curtas ou mal preparadas entre outras.

O primeiro prototipo estivo listo en setembro de 1962 e foi inspeccionado polo mesmo Nikita Khrushchev, pero ata xaneiro do ano seguinte non faría o seu voo inaugural. Durante catro anos o equipo de deseño, dirixido por Vladimir Kokkinaki, estivo traballando para mellorar determinados aspectos, e o avión entrou en servizo coa aeroliña Aeroflot en marzo de 1967.

Durante os seus primeiros meses de servizo o Il-62 estivo facendo unicamente rutas internas na Unión Soviética, realizando o seu primeiro servizo internacional en setembro de 1968 entre as cidades de Moscova e Montreal. A capacidade de pasaxe desta primeira versión do Il-62 variaba dos 122 pasaxeiros en dúas clases, aos 186 en clase única.

En 1971 apareceu o Il-62M, con motores máis potentes e económicos que, xunto coa instalación dun novo tanque de combustible na deriva, aumentaba o alcance operacional do avión. Esta variante entrou en servizo con Aeroflot en 1974.

En 1978 anunciouse o Il-62MK cunha serie de novas melloras, a meirande parte delas para axeitar o uso do avión dende pistas curtas ou mal acabadas. Propuxéronse outras versións, algunhas para "estirar" a capacidade de pasaxeiros ata os 250, e outras para adaptar o avión a aeroportos máis pequenos. Ningunha desas ideas chegou a acadar a fase de deseño, e dende entón non se coñecen máis desenvolvementos do modelo.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.