Aigle Azur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aigle Azur
IATA
ZI
OACI
AAF
Indicativo
AIGLE AZUR
Fundación1946
Aeroporto principalParís-Orly
Plan de voo frecuenteAzur Plus
Frota10
Destinos27
HoldingGoFast Group
Páxina web: https://www.aigle-azur.com/

Aigle Azur, legalmente Société Aigle Azur Transports Aériens,foi unha aeroliña francesa coa súa sede en Tremblay-en-France, preto de París. Operaba voos regulares de pasaxeiros domésticos e servizos internacionais, principalmente cara Europa Occidental e o Norte de África.[1] Tamén operaba voos chárter, de carga e servizos de wet lease. A súa base principal era no aeroporto de París-Orly.

Historia[editar | editar a fonte]

En abril de 1946 Sylvain Floirat creou a Aigle Azur orixinal como unha das primeiras aeroliñas totalmente privadas e independentes da posguerra en Francia. Entre 1946 e 1955 a compañía operou unha gran frota de avións Douglas DC-3.[2]

Durante os primeiros anos 50 Aigle Azur comezou a operar rutas de logo alcance uníndo á Francia metropolitana con África e a rexión Asia-Pacífico. O ministro francés de Obras Públicas e Transporte transferíu dereitos de tráfico de Air France para estas rutas operadas polas novas aeroliñas independentes do país, como Aigle Azur.[3]

En 1970 a compañía foi reformada como aeroliña rexional co nome de Lucas Aviation. A súa a sede corporativa e operacional atopábase no aeroporto de Pontoise,[4] situado en Boissy l'Aillerie. Lucas Aviation inicialmente comerciolizouse como Lucas Air Transport e operou servizos domésticos regulares, incluído un servizo anual entre Deauville e Londres-Gatwick. Posteriormente o nome cambiou unha vez máis cara Lucas Aigle Azur.

En maio de 2001 o Groupe GOFAST mercou Lucas Aigle Azur aos seus anteriores donos e recuperou o seu antigo nome, Aigle Azur. O novo dono centrou a compañía como unha aeroliña principal de curto e medio alcance, con servizos tanto regulares como chárter. Aigle Azur comezou a substituír os seus Boeing 737 por avións da familia Airbus A320.

O 23 de outubro de 2012, o conglomerado chinés HNA Group anunciou que completara a compra do 48% das accións de Aigle Azur, converténdose no seu segundo maior accionista, tras Group GOFAST.[5]

O 16 de novembro de 2017 David Neeleman mercou o 32% das accións do capital de Aigle Azur. Neeleman é tamén accionista doutras aeroliñas con participación do HNA Group, como TAP Air Portugal ou Azul Linhas Aéreas Brasileiras.[6]

Frota[editar | editar a fonte]

Airbus A320-200 de Aigle Azur

En marzo de 2018 a frota de Aigle Azur estaba formada polos seguintes avións:[7]

Frota de Aigle Azur
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A319-100 1 145 145
Airbus A320-200 9 174 174
36 138 174
Airbus A330-200 2 TBA Van ser alugados a partir de abril de 2018.[8]
Total 10 2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aigle Azur (ed.). "Découvrir nos destinations". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2018. Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  2. Gradidge, 2006, p.183
  3. fotw.net (ed.). "Air France". Archived from the original on 12 de maio de 2012. Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  4. Airline Timetable Images (ed.). "Aigle Azur". Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  5. Air Transport World (ed.). "HNA Group buys 48% of France’s Aigle Azur". Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  6. Epoca Negocios (ed.). "David Neeleman, da Azul, adquire 32% da companhia aérea francesa Aigle Azu". Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  7. Planespotters (ed.). "Aigle Azur Fleet Details and History". Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  8. Planespotters (ed.). "F-HTAC Aigle Azur Airbus A330-223". Consultado o 29 de marzo de 2018. 
Bibliografía
  • Gradidge J.M.G. DC-1 DC-2 DC-3 The First Seventy Years. Air-Britain (Historians) Ltd. Tonbridge, Kent. 2006. ISBN 0-85130-332-3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]