Saltar ao contido

Pablo Muñoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPablo Muñoz
Nome orixinalPablo Muñoz Crespo
Biografía
Nacemento4 de setembro de 2003 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
San Sebastián de los Reyes, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista

Pablo Muñoz Crespo, nado en San Sebastián de los Reyes o 4 de setembro de 2003, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Marbella, da Primeira Federación, cedido polo Deportivo da Coruña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista nas canteiras do Alcobendas CF e do Chamartín Vergara, antes de ingresar en 2018 na do Rayo Vallecano.[1] Na tempada 2021/22, capitaneando o equipo xuvenil, proclamouse máximo goleador do Grupo V da División de Honra, con 19 goles, a pesar de non xogar como dianteiro.[2]

Para a tempada 2022/23 foi subido ao filial do club, o Rayo B, equipo da Terceira División RFEF, onde disputou 26 partidos e marcou 5 goles.[3] O 18 de outubro de 2022 debutou co primeiro equipo na Primeira División, nun derbi ante o Atlético de Madrid no Estadio Metropolitano no que o adestrador Iraola lle deu entrada nos minutos finais como substituto de Álvaro García.[4]

O 1 de setembro de 2023, anunciouse o seu traspaso ao Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[1] Con todo, non chegou a contar coa confianza do técnico Imanol Idiakez, sumando só 20 minutos en liga durante a primeira metade da competición. En xaneiro o club cedeuno ao Atlético Baleares ata final de tempada.[5] No equipo balear tampouco contou apenas con oportunidades, disputando só 155 minutos repartidos en catro encontros, e non puido evitar o descenso do equipo á Segunda Federación.[6]

De volta na Coruña, o Deportivo ampliou o seu contrato ata 2026 e cedeuno ao Marbella para a tempada 2024/25 da Primeira Federación.[6][7]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo da Coruña
  1. 1,0 1,1 "Pablo Muñoz, novo xogador do Dépor 2023-24". 1 de setembro de 2023. Consultado o 5 de setembro de 2023. 
  2. Andreu, Tomás (12 de outubro de 2022). "La perla del Rayo por la que pujan Barça y Real Madrid". Sport (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2023. 
  3. "Rayo Vallecano saturated with groundbreaking offers for Pablo Muñoz" (en inglés). 16 de outubro de 2022. Consultado o 5 de setembro de 2023. 
  4. "Pablo Muñoz debuta con el Rayo Vallecano" (en castelán). 19 de outubro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2023. Consultado o 5 de setembro de 2023. 
  5. Adrover, Sebastià (24 de xaneiro de 2024). "El Atlético Baleares obtiene la cesión del mediapunta Pablo Muñoz" (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  6. 6,0 6,1 Regueiro, Zeltia (29 de xuño de 2024). "Pablo Muñoz amplía contrato con el Depor hasta 2026". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  7. "Cesión: Pablo Muñoz" (en castelán). 1 de agosto de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]