Andoni Iraola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Andoni Iraola
Andoni Iraola1.jpg
Información persoal
Nome completoAndoni Iraola Sagarna
Nacemento22 de xuño de 1982 (36 anos)
LugarUsurbil, España
Altura1,82 m.
PosiciónDefensa
Información de club
Club actualNew York City
Número51
Carreira xuvenil
1998–1999Antiguoko
1999–2000Athletic Club
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2000–2001Baskonia35(4)
2001–2003Bilbao Athletic75(15)
2003–2015Athletic Club406(33)
2015–New York City9(0)
Selección nacional
2001España sub-181(0)
2003España sub-211(0)
2003–Euskadi8(0)
2008–2011España7(0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 29 de agosto de 2015.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 29 de decembro de 2012.

Andoni Iraola Sagarna, nado en Usurbil (Guipúscoa) o 22 de xuño de 1982, é un futbolista vasco. Xoga de defensa lateral dereito e o seu actual club é o New York City FC.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Antiguoko donostiarra ata que chegou a Lezama en virtude do convenio entre o Athletic Club e o Antiguoko. No club guipuscoano foi compañeiro de xogadores de talle internacional como Xabi Alonso e Mikel Arteta. En 2003 pasou a formar parte do primeiro persoal do Athletic Club.

Debutou na Primeira división o 30 de agosto de 2003, nun partido contra o FC Barcelona, gañado 0-1 polos culés. Na súa primeira tempada xogou 31 partidos de liga e marcou cinco goles.

En 2005 renovou o seu contrato co Athletic ata o ano 2010, a pesar de ser seguido por equipos como o Valencia CF ou o Liverpool FC. En total disputou máis de 200 partidos na Primeira División Española e marcou máis de 20 goles.

Converteuse en só dúas tempadas nun dos mellores pasadores do equipo xunto a Fran Yeste. Destaca pola súa capacidade de desprazar a pelota manténdoa moi preto do pé e driblando xogadores contrarios con facilidade.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

O 20 de agosto de 2008, Vicente del Bosque, no seu primeiro partido como seleccionador de España, fixo debutar a Iraola como absoluto, nun partido amigábel contra Dinamarca.[1] O 11 de outubro de 2008 disputa o seu primeiro partido oficial coa selección, ante Estonia, substituíndo a Sergio Ramos.

Tamén disputou varios partidos internacionais de carácter amigable coa Selección de Euskadi.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Subcampión da Copa do Rei Athletic Club España 2009
Subcampión da Supercopa de España Athletic Club España 2009

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]