Nanni Galli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nanni Galli
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Italia Italia
Anos en activo 19701973
Escudería(s) McLaren, March, Tecno, Ferrari, Williams
Grandes Premios disputados 20 (17 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Italia de 1970
Derradeiro GP Gran Premio de Mónaco de 1973


Giovanni Giuseppe Gilberto "Nanni" Galli nado en Bolonia o 2 de outubro de 1940 é un expiloto italiano de coches deportivos, turismos e Fórmula 1 da década de 1960 e 1970.

Galli pilotando un Alfa Romeo 33.3 en Nürburgring en 1971

Galli gañou a carreira do Circuíto de Mugello en 1968 e foi segundo na Targa Florio (con Ignazio Giunti). Nas 24 Horas de Le Mans de 1968, finalizou 4º nun Alfa Romeo T33/2. O seguinte ano en Le Mans, terminou 7º co Matra. En 1970, ambos Alfa Romeo T33/3 non terminaron.

En 1970 participou brevemente na Fórmula Un, debutando no Gran Premio de Italia de 1970 con McLaren - Alfa, e participou en varias carreiras os seguintes tres anos, terminou 3º na carreira fora de campionato en Vallelunga en 1972 co pequeno equipo Tecno.

A súa grande oportunidade no tempo foi ese ano cando piltou un Ferrari no Gran Premio de Francia de 1972 no Circuíto de Charade preto de Clermont-Ferrand pero non impresionou, terminando soamente no 13º lugar. Logo de media ducia de saídas con Frank Williams Racing Cars o ano seguinte, anunciou a súa retirada.

Galli participou en 20 Grandes Premios do campionato mundial de fórmula 1, non logrou puntos de campionato.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos
1970 Bruce McLaren Motor Racing McLaren M7D Alfa Romeo V8 RSA ESP MON BEL NED FRA GBR ALE AUT ITA
NSC
CAN USA MEX NC 0
1971 STP March March 711 Alfa Romeo V8 RSA ESP MON
NSC
NED
Ret
ALE
12
AUT
12
NC 0
Cosworth V8 FRA
NTS
GBR
11
ITA
Ret
CAN
16
USA
Ret
1972 Martini Racing Team Tecno PA123 Tecno
12 en liña
ARX RSA ESP MON BEL
Ret
GBR
Ret
ALE AUT
NC
ITA
Ret
CAN USA NC 0
Scuderia Ferrari Ferrari 312B Ferrari
12 en liña
FRA
13
1973 Frank Williams Racing Cars Iso-Marlboro FX3B Cosworth V8 ARX
Ret
BRA
9
RSA NC 0
Iso-Marlboro IR ESP
11
BEL
Ret
MON
Ret
SWE FRA GBR NED ALE AUT ITA CAN USA

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]