Palau Nacional
| Palau Nacional | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Montjuïc | |||||||||||||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||||||||||||
|
Parte de
| |||||||||||||||||||||||
|
Estilo
| |||||||||||||||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||||||||||||||
|
Ocupante
| |||||||||||||||||||||||
|
Arquitecto/a
| |||||||||||||||||||||||
|
Dedicado a
| |||||||||||||||||||||||
| Datas | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Dimensión | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Localización | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Patrimonio cultural | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||
O Palau Nacional (en galego "Pazo Nacional"), situado en Montjuïc, Barcelona, é un palacio construído entre 1926 e 1929 para a Exposición Internacional de Barcelona de 1929 e que dende 1934 aloxa o Museo Nacional de Arte de Cataluña.[1] Foi o edificio principal da Exposición, obra de Eugenio Cendoya e Enric Catà, baixo a supervisión de Pere Domènech i Roura, sendo descartado o proxecto inicial de Puig i Cadafalch e Guillem Busquets.[1] No Saló Oval efectuouse a cerimonia de inauguración da Exposición, presidida por Afonso XIII e a raíña Vitoria Uxía.[1]
Ten unha superficie de 32 000 m². De estilo clásico inspirado no Renacemento español, ten unha planta rectangular con dous corpos laterais e un posterior cadrado, cunha gran cúpula elíptica na parte central. As fervenzas e fontes da escalinata do Palau foron obra de Carles Buïgas, e colocáronse grandes proxectores que aínda hoxe se acenden para emitir luz que escribe o nome da cidade no ceo.[1]

O Palau Nacional abeira unha grande exposición de arte española, con máis de 5 000 obras procedentes de todo o territorio do Estado. Na súa decoración –de estilo novecentista, contrariamente ó clasicismo da obra arquitectónica–, interviñeron diversos artistas, como os escultores Enric Casanovas, Josep Dunyach, Frederic Marès e Josep Llimona, e os pintores Francesc d'Assís Galí, Josep de Togores, Manuel Humbert, Josep Obiols, Joan Colom e Francesc Labarta.
Entre 1996 e 2004, o palau padeceu unha ampliación a cargo de Gae Aulenti, Enric Steegman, Josep Benedito e Agustí Obiol, co obxectivo de crear espazos para poder acoller todas as obras da colección.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palau Nacional |
| A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rehabilitación do Palau Nacional Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en catalán)
- Visita virtual do edificio (en catalán)

