Pinturas murais da conquista de Mallorca (en catalán:Pintures murals de la conquesta de Mallorca) están formadas por un conxunto de tres plafóns de frescos que forman parte dun ciclo narrativo sobre a conquista de Mallorca polo rei Xaime I de Aragón. Con estas pinturas decorouse unha sala do Palau Aguilar –anteriormente Palau Caldes e actualmente sede do Museo Picasso–, localizado na cidade de Barcelona. Están datados de entre 1285 e 1290 e foron realizados por un pintor anónimo chamado "mestre da conquista de Mallorca. Estes frescos foron descubertos en 1961 no Palau Aguilar e trasladados o ano seguinte, para a súa conservación, no Museo Nacional de Arte de Cataluña de Barcelona, onde se atopan na actualidade.