Martin de Pedrozelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Martin de Padrozelos»)
Infotaula de personaMartin de Pedrozelos
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galego-portuguesa Editar o valor em Wikidata

Martin de Pedrozelos ou Padrozelos foi un xograr galego, compositor de cantigas en lírica galego-portuguesa.[1] É unha figura recoñecida na comarca de Sarria e conta cun documental chamado Trobador no Camiño: andares pola lírica de Martín de Padrozelos para dar a coñecer a súa figura.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Polo sobrenome crese que naceu en Padrucelo, na parroquia de San Xoán de Lózara pertencente ao municipio de Samos. En Padrucelo consérvase unha casa centenaria co seu nome.[3] Existe discrepancia sobre o seu período, pola colocación no cancionero estudosos como Tavani e António Resende de Oliveira sitúano na segunda metade ou finais do século XIII, con todo o investigadores Xulio Pardo de Neyra e Doce Fernández Graña sosteñen que naceu a mediados do século XI e faleceu a princios do século XII, situando as súas composicións como as primeiras coñecidas en galego.[3][4] 

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse dez cantigas: nove cantigas de amigo e unha cantiga de amor.[5] O grupo musical A Quenlla editou un disco chamado Trobador no Camiño que contén versións das dez cantigas.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-12. 
  2. Lugo, El Progreso de (2019-12-01). "Un foro rescata a Martín de Padrozelos, "a primeira voz lírica galega do medievo"" (en castelán). Consultado o 2021-05-12. 
  3. 3,0 3,1 "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-05-12. 
  4. "Sarria honra ao trobador Martín de Padrozelos" (en castelán). 2021-05-03. Consultado o 2021-05-12. 
  5. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-12. 
  6. Lugo, El Progreso de (2019-12-01). "Un foro rescata a Martín de Padrozelos, "a primeira voz lírica galega do medievo"" (en castelán). Consultado o 2021-05-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]