Lingua lombarda
Lombardo Lumbard, Lumbaart | ||
---|---|---|
Falado en: | Italia Suíza | |
Rexións: | Lombardía | |
Total de falantes: | 3 500 000[1] | |
Familia: | Indoeuropeo Itálico Románico Italo-occidental Galoibérico Galoitálico Lombardo | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Ningún país | |
Regulado por: | Non ten regulación oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | roa | |
ISO 639-3: | lmo
| |
SIL: | LMO
| |
Mapa | ||
Status | ||
O lombardo[3] é un conxunto de variedades faladas principalmente no norte de Italia (a maior parte da Lombardía e algunhas áreas das rexións veciñas) e en Suíza (cantón do Tesino). Os idiomas lombardos son linguas romances occidentais emparentadas co francés e cos outros idiomas galo-itálicos (piemontés, emiliano-romañolo etc.). Aínda que o italiano é normalmente usado como linguaxe escrita e formal nas áreas de fala lombarda, os idiomas lombardos son moi diferentes do italiano xa que pertencen a dúas ramas diferentes da árbore das linguas romances.
As dúas variedades lombardas principais, que presentan tractos de gramática e léxico e fonética bastante diferentes, son o Lombardo Occidental (que comprende o dialecto milanés) e o Lombardo Oriental (que comprende os dialectos bergamasco e bresciano). O uso dos idiomas lombardos está estigmatizado nas áreas politicamente pertencentes a Italia, mentres que non o é nas áreas suízas. Algúns programas de radio e televisión en idiomas lombardos emítense ocasionalmente pola cadea suíza de fala italiana. A maior institución de investigación de dialectos lombardos atópase en Bellinzona, Suíza (CDE - Centro dei dialettologia e dei etnografía).
Características principais
[editar | editar a fonte]Ortografía
[editar | editar a fonte]O lombardo nunca logrou unha unificación ortográfica. Os dous sistemas ortográficos máis utilizados son o ticinese (chamado tamén pro-alemán), posto que utiliza as vogais ö e ü, aínda que ten a súa orixe nos cantóns suízos e hoxe é utilizado nas zonas lingüisticamente lombardas alto-italianas tanto ao leste como ao oeste do Adda) e o milanés clásico. Este último é o sistema con máis prestixio histórico (usábase xa no século XVI) e até a primeira metade do século XX foi adoptado, aínda que con pequenas diferenzas, en todas as zonas lombardófonas.
Fonoloxía e fonética
[editar | editar a fonte]- A palatalización dos grupos latinos CL- e GL- en c(i), g(i) (ex. CLAMAR > ciamà, GLAREA > gièra);
- A lenición das consoantes oclusivas xordas intervocálicas (ex. FATIGAM > fadiga, MONITAM > moneda/muneda);
- A transformación de -CE, -GE en africadas alveolares ou en sibilantes (ex. GELUM > dzel/zel);
- A perda das vogais finais latinas excepto a a, resultado do procedemento de síncope[4] (é. MUNDUM > mund/mond) (presente tamén na lingua francesa).
- A evolución en ü da ū latina (PLUS > pü);
- A presenza da vogal ö (NOVU > növ/nöf).
Lingüística contrastiva
[editar | editar a fonte]A presenza destas vogais anteriores é unha das características propias do lombardo[5] que comparte co piemontés e o ligur, pero que a separa do véneto e do emiliano-romañolo. Porén, o lombardo sepárase do piemontés pola ausencia da vogal media central, ortograficamente representada ë e polo infinitivo da primeira conxugación que termina en à (r).
Uso
[editar | editar a fonte]O italiano estándar é amplamente utilizado nas áreas de fala lombarda. Con todo, a situación de lombardo é moi diferente entre as zonas de Suíza e de Italia. Isto xustifica a opinión de que hoxe en día as zonas de Suíza, ás veces denominas a Lombardía Suíza (Lombardia svizzera), convertéronse no baluarte do lombardo.
Suíza
[editar | editar a fonte]Nas zonas de Suíza, as variedades lingüísticas lombardas locais están en xeral mellor conservadas e teñen moita máis vitalidade que en Italia, xa que non hai sentimentos negativos asociados co uso da lingua na vida cotiá, aínda cando sexa para dirixirse a xente estraña. Mesmo hai algúns programas de radio e televisión en lombardo, en especial comedias, que son ocasionalmente transmitidos pola Compañía Suíza de Radiodifusión en Lingua Italiana. Por outra banda, non é infrecuente que a xente da rúa responda en lombardo en entrevistas espontáneas, incluso algúns anuncios de televisión son retransmitidos en lombardo.
Cómpre destacar ademais que a maior institución de investigación sobre os dialectos lombardos está situada en Bellinzona (Cantón de Tesino), o CDE - Centro dei dialettologia e dei etnografía, que ademais é unha institución gobernamental; porén non hai ningunha institución comparable en Italia. En decembro de 2004, o CDE lanzou o LSI, un dicionario en cinco volumes que cobre tódalas variedades lombardas faladas en Suíza. Este é, até agora, o recurso máis completo publicado en lingua lombarda, xa que contén máis de 4.500 páxinas, con preto de 57.000 lexemas e máis de 190.000 variantes.
Italia
[editar | editar a fonte]O uso dos dialectos lombardos é xeralmente escaso na actualidade en Italia. Hoxe en día, na maioría das zonas da Lombardía italiana os menores de corenta anos falan case exclusivamente italiano estándar nas súas vidas diarias por mor da escolarización e a televisión, incluso as persoas que falan un dialecto lombardo coa súa familia ou amigos, case sempre falan italiano estándar a un estraño. Isto débese a unha serie de razóns históricas e sociais. O seu uso foi historicamente desalentado polos políticos, probablemente porque se lle considerou como un obstáculo para o intento de crear unha "identidade nacional", isto chegou até o punto de que falar unha variedade non estándar considérase un signo de mala educación ou de baixo status social. Actualmente, o partido político que máis apoia á lingua (e as variedades do norte de Italia en xeral) é a Lega Nord (no pasado os partidos de esquerda tamén o apoiaban).
Porén obsérvase un certo renacemento no uso do lombardo durante última década, cando o uso da lingua se converteu nunha forma de expresar a identidade local e de distanciarse da estereotípica cultura mediterránea italiana. Ademais a popularidade dos artistas modernos que cantan en lombardo (en italiano: "dialettale rock") é cada vez un fenómeno maior tanto en Italia como en Suíza, entre os que o máis popular é Davide Van de Sfroos.
Exemplo
[editar | editar a fonte]O seguinte é unha poesía en dialecto milanés, por Domenico Balestrieri (1714–1780), interpretada por Antonio Bozzetti.
- Chi tròpp e chi minga
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Documento do ISTAT
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lombardo.
- ↑ Hermann W. Haller: "The Other Italy". University of Toronto Press, 1999.
- ↑ Giovan Battista Pellegrini, A carta dei dialetti d'Italia. Pacini editore, Pisa, 1977.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua lombarda |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lingua lombarda en Ethnologue Arquivado 07 de xullo de 2010 en Wayback Machine.
- Xornal enteiramente en lombardo Arquivado 10 de outubro de 2009 en Wayback Machine.
- Curso de lombardo en liña
- Dicionario Lombardo - Inglés
- Centro di dialettologia e di etnografia del Cantone Ticino
- Documentación oral da Suíza italiana
- Istituto di dialettologia e di etnografia valtellinese e valchiavennasca Arquivado 22 de abril de 2006 en Wayback Machine.