Tesino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cantón do Tesino")
Tesino
Ticino
Bandeira de Tesino
Escudo de Tesino
Bandeira Escudo
Switzerland Locator Map TI.svg
Estado Suíza Suíza
Capital Bellinzona
 • Poboación 17 111 (2007)
Cidade máis poboada Lugano
Lingua oficial Italiano
Forma de goberno Cantón
Ingreso 1803
Superficie Posto 5º
 • Total 2 812 km²
 • % auga n/d
Costas 0 km
Poboación Posto 8º
 • Total 328 580 hab.
 • Densidade 117 hab./km²
Fuso horario UTC+1
 • Horario de verán UTC+2
Dominio de Internet .ch
Código ISO CH-TI

O cantón do Tesino (en lombardo: Tisín, en italiano: Ticino. En alemán, francés e romanche: Tessin) é o cantón máis meridional de Suíza, sobre a vertente sur dos Alpes. O nome deriva do río homónimo que atravesa subindo polo Passo della Novena até o Lago Maior. O cantón do Tesino é case enteiramente de lingua italiana (a excepción do municipio de Bosco/Gurin). O cantón forma xunto con algunhas rexións do cantón dos Grisóns a chamada Suíza Italiana.