Síncope (lingüística)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A síncope é un fenómeno fonolóxico (ou fonético) consistente na elisión ou perda dun fonema (ou son) na posición media dunha palabra ou secuencia fónica. Prodúcese especialmente nas vogais e sílabas átonas. Este fenómeno pode darse ó longo da historia da lingua (como na pasaxe do latín calidus ao galego caldo ou de delicatus a delgado) ou sincronicamente, en diferentes variedades diatópicas ou diastráticas (como o paso de cereixa a zreixa ou de para a pra).

Na antroponimia[editar | editar a fonte]

Varios nomes galegos son resultado de procesos de síncope. Por exemplo:

Bieito/Bento<Benedito<Benedictus

Breixo<Verissimum

Cía/Icía/Cilla<Cecilia<Cæcilla

Comba<Columba

Fiz<Felix

(H)adrán/(H)adrao<(H)adrián/(H)adriano<Hadrianus

Paio<Pelaxio<Pelagius

Uxía<Ouxea/Euxea<Eugenia<εὐγενής

Xan<Xoán<Johan

Xes/Xenxo< Genesius

Xián/Xiao/Xillán/Xillao<Xulián<Iulianus