Lingua picarda
Picardo Picard | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Tchtimi, chti, rouchi | |
Falado en: | Francia Bélxica | |
Rexións: | Europa | |
Total de falantes: | ~ 700 000 | |
Posición: | Non está entre as 100 máis faladas. | |
Familia: | Indoeuropea Itálico Románico Italo-occidental Galoibérico Galorrománico Oïl Picardo | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Lingua rexional endóxena en Bélxica. | |
Regulado por: | Non ten regulación oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pcd
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua picarda ou picardo[2] é unha das linguas romances máis achegadas ao francés e é unha das linguas de oïl.
Outras denominacións
[editar | editar a fonte]O picardo ten outras denominacións como picart, patois du nord (patués do norte), tchtimi, chti ou rouchi, aínda que este último é un dialecto do picardo, considerado a miúdo como unha "fala de oïl" diferente, falada no Hainut Occidental, entre Mons e a liña Torunai-Soignes-Ath-Mouscron.
Localización
[editar | editar a fonte]Fálase nas rexións francesas da Picardía (desde o sur do Oise e do Aisne) e Norte-Paso de Calais (até a zona de Dunkerque, de fala neerlandesa flamenga e Bélxica na maior parte da provincia de Hainaut, até La Louvière ao leste (entre Mons e Charleroi).
Falantes
[editar | editar a fonte]Sen estatísticas globais nin fiables. Tan só unha enquisa feita en Amiens (1980-1981), mostraba que o 46% dos homes e o 29% das mulleres nacidas en 1942 declaraban falar picardo.
Normativización
[editar | editar a fonte]Sen ningunha normativa aceptada. Aínda así, desde un punto de vista ortográfico, unha parte importante dos autores están de acordo nunha serie de principios que poden tender a unha certa normativización:
- Continuación do código ortográfico francés, todo tendo en conta as particularidades fonéticas do picardo.
- Utilización razoada das letras mudas ou variantes gráficas para permitir unha correcta identificación das palabras. Este uso pode ter un máximo entre os escritores tradicionais, máis próximos á ortografía francesa, e practicamente desaparece entre os partidarios de métodos fonistas. Nunha situación intermedia atoparíase a adaptación do sistema Feller para o picardo feita por Fernand Carton.
- Tendencia a apartar as particularidades locais para permitir unha compresión canto máis ampla mellor. Algúns autores chegan á utilización de arquigrafías que posibiliten lecturas múltiples.
Status legal
[editar | editar a fonte]Recoñecida como lingua rexional endóxena en Bélxica, segundo o decreto do executivo da Comunidade francesa adoptado o 1990. Benefíciase, sobre todo polo que fai a súa presenza nos medios de comunicación, das accións da Oficina das Linguas Rexionais Endóxenas.
En Francia non se beneficia de ningunha lexislación a nivel xeral e a ratificación da Carta Europa das Linguas Rexionais ou Minoritarias está bloqueada.
Formación
[editar | editar a fonte]En Francia é recoñecido de facto polo Ministerio de Educación Nacional e ensínase nas escolas da rexión e pode estudarse de maneira facultativa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para picardo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua picarda |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ch'lanchron Arquivado 31 de agosto de 2009 en Wayback Machine.
- Ortografía do picardo
- Chtimi
- Diccionaris picards