Lingua megleno-romanesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Megleno-romanés
Vlăşească
Falado en: Grecia Grecia
República de Macedonia República de Macedonia
Romanía Romanía
Turquía Turquía
Total de falantes: 5.000-12.000
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Italo-oriental
    Megleno-romanés
Escrita: alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non é oficial
Regulado por: Non ten regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: roa
ISO 639-3: ruq
South-Balkan-Romance-languages.png

O megleno-romanés é unha lingua romance integrante do conxunto das linguas romances orientais, emparentado co romanés que se fala nalgunhas poboacións do norte de Grecia e o sur da Antiga República Iugoslava de Macedonia.

Os falantes deste idioma denomínanlle vlaheshte (valaco), mentres que en romanés, do cal moitas veces é considerado un dialecto, chámaselle limba meglenoromână. O megleno-romanés é falado en 2006 por tan só entre cinco mil e doce mil persoas, principalmente no val do río Meglená, poucos quilómetros ao nordés de Salónica, nas prefecturas gregas de Kilkís e Serres e en menor número na República de Macedonia inmediatos á fronteira grega próxima ao Meglená. Ao concluír a Primeira Guerra Mundial uns 1.200 megleno-romaneses emigraron cara Romanía estabelecéndose no poboado de Cerna, distrito de Tulcea mais, dadas as afinidades lingüísticas, o idioma megleno-romanés diluíuse ante o idioma dacorrumano.

É moi probable que o megleno-romanés derive do arromanés, por outra banda, dadas as moitas afinidades co istro-romanés algúns lingüistas consideran que o megleno-romanés é transnacional entre o arromanés e o istro-romanés.