División de Honra de Rugby 1979-1980

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Liga Española de rugby 1979-1980»)
División de Honra
Fundación1952
RexiónEspaña España
Equipos32
Actual campión-
OrganizadorFederación Española de Rugby
Sitio webwww.ferugby.es

A tempada 1979-1980 da Liga Nacional de rugby foi a décimo terceira edición da máxima categoría do rugby en España, e a segunda cun formato composto por 4 grupos. A liga contou con 32 equipos. O calendario da competición estivo formado por 14 xornadas mais tres pertencentes á fase final. Na primeira fase enfrontáronse entre si dúas veces tódolos equipos de cada grupo, denominados "Levante", "Centro", "Sur" e "Norte". Na segunda fase enfrontáronse entre si os campións de cada grupo nunha liguiña denominada "Superliga" para determinar o campión do torneo, que finalmente foi o CAU Madrid.

Sistema de puntuación[editar | editar a fonte]

O sistema de puntuación foi o seguinte:

  • 2 puntos por vitoria.
  • 1 punto por empate.
  • 0 puntos por derrota.
  • 1 punto por encontro xogado.

Clasificacións[editar | editar a fonte]

Primeira Fase[editar | editar a fonte]

Superliga[editar | editar a fonte]

España División de Honra — Tempada 1979/80 - Superliga
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC
1 Comunidade de Madrid CAU Madrid 9 3 3 0 0 47 4
2 Hernani CRE 7 3 2 0 1 56 25
3 RC Valencia 5 3 1 0 2 70 23
4 Andalucía CAR 3 3 0 0 3 6 127

En azul      o equipo campión (1º).

O CAU Madrid acadou o campionato nacional de liga, con 38 puntos no grupo Centro e 9 puntos na Superliga, totalizando 15 vitorias en 17 encontros. Foi o 2º título de liga para o club madrileño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]