División de Honra de Rugby 1952-1953

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Liga Española de rugby 1952-1953»)
División de Honra
Fundación1952
RexiónEspaña España
Equipos4
Actual campión-
OrganizadorFederación Española de Rugby
Sitio webwww.ferugby.es

A tempada 1952-1953 da Liga Nacional de rugby foi a edición inaugural da máxima categoría do rugby en España, creada pola Federación Española de Rugby. Até 1952 a principal competición nacional de rugby era o Campionato de España (actual Copa do Rei), pero en setembro de 1952[1] a FER considerou oportuno crear un novo campionato cun formato de liga no que se enfrontasen os equipos participantes todos contra todos. A iniciativa non estivo carente de polémica[2] posto que as federacións rexionais e os clubs non foron consultados, e o sistema de admisión de participantes era excluínte. A FER considerou que na súa edición inaugural a liga estaría composta por 4 equipos, que serían o campión e o subcampión dos pasados campionatos de Cataluña e Castela, é dicir, dous equipos cataláns e dous equipos madrileños. Os equipos do resto do país non tiveron, pois, ningunha posibilidade de participar na liga.

A liga contou con 4 equipos que disputaron 6 xornadas, enfrontándose entre si tódolos equipos a dúas voltas. O campionato celebrouse no outono de 1952, antes dos diversos campionatos rexionais. O primeiro encontro da historia da liga española de rugby levouse a cabo ás 12:00h do 12 de outubro de 1952 no Campo de La Bordeta, en Barcelona. Nese encontro inaugural enfrontáronse o FC Barcelona e a AD Plus Ultra de Madrid[3], que rematou co resultado final de 21-0 a prol do conxunto barcelonés[4].

A competición rematou coa vitoria final para o FC Barcelona, que deste xeito se converteu no primeiro campión de liga de rugby en España.[5]

Sistema de puntuación[editar | editar a fonte]

O sistema de puntuación foi o seguinte:

  • 2 puntos por vitoria.
  • 1 punto por empate.
  • 0 puntos por derrota.
  • 1 punto por encontro xogado.

Clasificación[editar | editar a fonte]

España División de Honra — Tempada 1952/53
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC
1 Cataluña FC Barcelona 17 6 5 1 0 73 25
2 Comunidade de Madrid Atlético Madrid 14 6 4 0 2 33 24
3 Cataluña UE Santboiana 10 6 2 0 4 35 53
4 Comunidade de Madrid AD Plus Ultra 7 6 0 1 5 18 57

<<<< Non houbo — Tempadas — 1953/54 >>>>


En azul      o campión de liga (1º).

  • O Futbol Club Barcelona acadou o campionato nacional de liga. Foi o 1º título de liga para o club catalán.

Resultados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]