División de Honra de Rugby 1953-1954

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Liga Española de rugby 1953-1954»)
División de Honra
Fundación1953
RexiónEspaña España
Equipos4
Actual campión-
OrganizadorFederación Española de Rugby
Sitio webwww.ferugby.es

A tempada 1953-1954 da Liga Nacional de rugby foi a segunda edición da máxima categoría do rugby en España, creada pola Federación Española de Rugby o ano anterior. A liga contou con 4 equipos que disputaron 6 xornadas, enfrontándose entre si tódolos equipos a dúas voltas. O campionato celebrouse no outono de 1953, antes dos diversos campionatos rexionais, e rematou o 28 de novembro coa vitoria final para o FC Barcelona, que deste xeito repetiu o éxito acadado na edición inaugural.

Sistema de puntuación[editar | editar a fonte]

O sistema de puntuación foi o seguinte:

  • 2 puntos por vitoria.
  • 1 punto por empate.
  • 0 puntos por derrota.
  • 1 punto por encontro xogado.

Clasificación[editar | editar a fonte]

España División de Honra — Tempada 1953/54
Posto Equipo Puntos Xogados Gañ. Emp. Per. PF PC
1 Cataluña FC Barcelona 16 6 5 0 1 34 17
2 Comunidade de Madrid Atlético Madrid 13 6 3 1 2 29 17
3 Cataluña CN Barcelona 12 6 2 2 2 27 28
4 Comunidade de Madrid SEU Madrid 7 6 0 1 5 9 39

<<<< 1952/53 — Tempadas — 1969/70 >>>>


En azul      o campión de liga (1º).
Non houbo descensos. O campionato de liga tardou 18 anos en celebrarse de novo.

  • O Futbol Club Barcelona acadou o campionato nacional de liga, con 16 puntos en 6 xornadas. Foi o 2º título de liga para o club catalán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]