Tula, Rusia
Coordenadas: 54°12′N 37°37′L / 54.200, -37.617
Tula, Rusia | |||
---|---|---|---|
Тула | |||
![]() | |||
Imaxes da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Demografía | |||
Poboación | 549000 |
Tula (en alfabeto cirílico ruso: Тула, transliterado Tula) é unha cidade de Rusia, capital da provincia homónima. Está situada ao sur de Moscova, no centro da Rusia europea. Ten uns 550.000 habitantes.
Historia[editar | editar a fonte]
Idade Moderna[editar | editar a fonte]
En 1530 construíuse alí unha cidadela ou kremlin. Foi un lugar clave para protexer Moscova das invasións tártaras ou mongoles. Tula converteuse no centro da industria metalúrxica rusa a partir de 1712, tras o descubrimento de xacementos de ferro e carbón na zona.
Idade Contemporánea[editar | editar a fonte]
Durante a segunda guerra mundial (Gran guerra patria, 1940-1945) a cidade converteuse nun importante centro de produción de armamento e por iso foi obxectivo do Heer alemán a finais de 1941. O exército de Heinz Guderian foi aniquilado en Tula,[1] e por iso leva dende 1976 o título de Cidade heroica.[2]
En Tula naceu, viviu e foi enterrado Lev Tolstoi (1828-1910). A atracción máis popular para os turistas é a Yasnaya Polyana, que foi a casa e último lugar onde viviu Tolstoi, a 14 km ao suroeste do centro da cidade.
Deporte[editar | editar a fonte]
A cidade de Tula alberga o Arsenal Stadium (homónimo do estadio do Arsenal inglés) e o FC Arsenal Tula (Professionalniy Futbolniy Klub Arsenal), que participa na liga rusa de fútbol.[3]
Irmandamentos[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Roberts 2011, pp. 175-176
- ↑ Egorov, Boris (2021-07-20). "Você sabia que existem ‘Cidades Heroicas’ na Rússia? (FOTOS)". Russia Beyond BR (en portugués). Consultado o 2023-01-26.
- ↑ "Russia 2012/13". www.rsssf.org. Consultado o 2023-01-26.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tula, Rusia |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Roberts, Andrew (2011). The Storm of War: A New History of the Second World War. Nova York: Harper Perennial. ISBN 978-0-06122-860-5.
- Roberts, Cynthia (1995). "Planning for War: The Red Army and the Catastrophe of 1941". Europe-Asia Studies 47 (8): 1293–1326. doi:10.1080/09668139508412322.
- Roberts, Geoffrey (2006). Stalin's Wars: From World War to Cold War, 1939–1953. Yale University Press. ISBN 978-0-300-11204-7.