Malcolm Brogdon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Malcolm Brogdon
Malcolm Brogdon (51923152636) (cropped).jpg
Boston Celtics – No. 13
Posición Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 11 de decembro de 1992 (29 anos)
Flag of Georgia (U.S. state).svg Atlanta, Xeorxia
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Información da carreira
Instituto Greater Atlanta Christian
(Norcross, Georgia)
Universidade Virginia (2011–2016)
NBA Draft 2016 / Rolda: 2 / Elección: 36
Por Milwaukee Bucks
Carreira dende 2010
Historial de equipos
Milwaukee Bucks (2016–2019)
Indiana Pacers (2019–2022)
Boston Celtics (2022–presente)

Malcolm Moses Brogdon, nado o 11 de decembro de 1992 en Atlanta, Xeorxia, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Boston Celtics da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesional[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2016, Brogdon foi elixido na 36ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Milwaukee Bucks. O 30 de xullo de 2016, asinou un contrato cos Bucks.[1] Fixo o seu debut na NBA o 26 de outubro de 2016, facendo oito puntos e cinco asistencias en 21 minutos, na derrota dos Bucks por 107-96 contra os Charlotte Hornets.[2] Ó remate da súa primeira tempada na liga, gañou o galardón ó Rookie do Ano, e foi elixido de maneira unánime no mellor equipo de rookies da tempada.[3]

O 29 de xuño de 2019, os Bucks decidiron facer axente libre restrinxido a Brogdon.[4] O 6 de xuño de 2019, Brogdon asinou cos Indiana Pacers a cambio dun futuro intercambio de roldas do Draft.[5]

O 9 de xullo de 2022, Brogdon foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Aaron Nesmith, Daniel Theis, Nik Stauskas, Malik Fitts, Juwan Morgan, e unha elección da primeira rolda do Draft de 2023.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bucks sign Thon Maker and Malcolm Brogdon". NBA.com. 30 de xullo de 2016. Consultado o 30 de xullo de 2016. 
  2. "Kidd-Gilchrist, Hibbert help Hornets beat Bucks 107-96". ESPN.com. 26 de outubro de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2016. 
  3. "Malcolm Brogdon named to All-Rookie first team". NBA.com. 26 de xuño de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2017. 
  4. "Bucks' Malcolm Brogdon: Receives qualifying offer". cbssports.com. 29 de xuño de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2019. 
  5. "Pacers Acquire Malcolm Brogdon". NBA.com. 6 de xullo de 2019. Consultado o 6 de xullo de 2019. 
  6. Lyons, Dan (1 de xullo de 2022). "Celtics Trade for Pacers Star Malcolm Brogdon, per Report". Sports Illustrated. Consultado o 9 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]