Nerlens Noel
Detroit Pistons – No. 9 | |
Posición | Pivote / Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 10 de abril de 1994 (28 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Everett (Everett, Massachusetts) Tilton School (Tilton, New Hampshire) |
Universidade | Kentucky (2012–2013) |
NBA Draft | 2013 / Rolda: 1 / Elección: 6 Por New Orleans Pelicans |
Carreira | dende 2013 |
Historial de equipos | |
Philadelphia 76ers (2013–2017) Dallas Mavericks (2017–2018) Oklahoma City Thunder (2018–2020) New York Knicks (2020–2022) Detroit Pistons (2022–presente) |
Nerlens Noel, nado o 10 de abril de 1994 en Malden, Massachusetts, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Noel foi elixido na 6ª posición do Draft de 2013 polos New Orleans Pelicans.[1] O 12 de xullo de 2013, os seus dereitos foron traspasados xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2014 ós Philadelphia 76ers, a cambio de Jrue Holiday e os dereitos do Draft de Pierre Jackson.[2] O 24 de setembro de 2013, asinou cos 76ers.[3] Noel perdeuse toda a tempada 2013-14 debido a unha operación nun xeonllo.[4]
O 29 de outubro de 2014, Noel fixo o seu debut na NBA na derrota dos 76ers contra os Indiana Pacers por 91-103. En 35 minutos de xogo, fixo 6 puntos, 10 rebotes e 3 tapóns.[5]
O 11 de xullo de 2022, Noel foi traspasado xunto a Alec Burks ós Detroit Pistons a cambio dos dereitos do Draft de Nikola Radičević e unha elección da segunda rolda do Draft de 2025.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Cleveland Cavaliers take Anthony Bennett with No. 1 overall pick in 2013 NBA Draft". Yahoo. 28 de xuño de 2013. Consultado o 28 de xuño de 2013.
- ↑ "Sixers Acquire Rights to Nerlens Noel and a 2014 First-round Pick in Trade With New Orleans". NBA.com. 12 de xullo de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2013.
- ↑ "Sixers Sign Nerlens Noel and Michael Carter-Williams". NBA.com. 24 de setembro de 2013. Consultado o 24 de setembro de 2013.
- ↑ Windhorst, Brian (22 de outubro de 2013). "Nerlens Noel to miss season". NBA.com. Consultado o 29 de setembro de 2014.
- ↑ "Hibbert helps Pacers pull away from 76ers 103-91". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2014. Consultado o 08 de novembro de 2014.
- ↑ "Detroit Pistons acquire Alec Burks, Nerlens Noel, draft picks and cash considerations". NBA.com. 11 de xullo de 2022. Consultado o 11 de xullo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 09 de novembro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1994
- Nados no condado de Middlesex, Massachusetts
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos New Orleans Pelicans
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos Oklahoma City Thunder
- Xogadores dos New York Knicks