Saltar ao contido

José Manuel Liaño Flores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Manuel Liaño Flores
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1921 Editar o valor en Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de maio de 2022 Editar o valor en Wikidata (100 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Coruña
1976 – 1979
← Jaime Hervada Fernández EspañaBerta Tapia →
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Formación profesionallicenciado en Dereito, graduado social
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Linguacastelán
Familia
FillosRosa Liaño Editar o valor en Wikidata
Premios
Encomenda da Orde do Mérito Agrícola (1958)
Membro da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación desde a súa fundación en 1967
Cruz Distinguida da Orde de San Raimundo de Peñafort (1971)
Medalla ao Mérito do Colexio de (2010)

BNE: XX984071 Dialnet: 3168941

José Manuel Liaño Flores, nado en Monforte de Lemos o 15 de novembro de 1921 e finado na Coruña o 5 de maio de 2022, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Liaño estudou o bacharelato no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña de 1931 a 1938. Cursou a licenciatura en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela de 1939 a 1942, na que tamén acadou o título de Graduado Social en 1951. Ingresou por oposición na carreira xudicial en 1946, desempeñando o cargo de xuíz en varios partidos xudiciais ata pedir a excedencia voluntaria en 1953. Desde o 10 de setembro de 1945, con apenas 24 anos de idade é avogado exercente do Colexio de Avogados da Coruña.[1][2]

Iniciou a súa carreira política en 1946 cando entrou como concelleiro da Corporación municipal da Coruña. Volveu ser nomeado concelleiro en 1964, permanecendo no cargo ata que foi nomeado alcalde da Coruña o 1 de febreiro de 1976. Cesou como alcalde o 30 de decembro de 1978. Como alcalde remodelou o parque de Santa Margarida, inaugurou a presa de Cecebre, iniciou as obras do cemiterio de Feáns, creou o Museo do Reloxo (con reloxos do seu propio tío político Antonio Ríos Mosquera), e o Plan parcial de Durmideiras.[3] Foi procurador en Cortes como representante da Familia (1967 e 1971).[1]

Foi elixido Académico de Número da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación o 27 de marzo 1967, tomando posesión o 12 de xuño de 1987 ao pronunciar o discurso "Las presunciones en derecho privado".[4] Foi membro do Consello Social da Universidade da Coruña desde 2003 a 2011. Pertence ás Asociacións de Dereito do Traballo e de Dereito Agrario. Publicou artigos xurídicos e literarios en revistas especializadas e na prensa ordinaria. Acadou o Premio "Pérez Lugín" da Asociación da Prensa da Coruña. Pronunciou conferencias sobre distintas materias xurídicas e literarias,[1] así como o Premio "Iurisgama", da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid.[2]

Foi colaborador habitual de Foro Galego e da revista Fonte Limpa, do Colexio de Avogados da Coruña,[2][5]


Predecesor:
Jaime Hervada Fernández España
 
Alcalde da Coruña
 
1976 – 1978
Sucesor:
Berta Tapia
  1. 1,0 1,1 1,2 José Manuel Liaño Flores na páxina web da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.
  2. 2,0 2,1 2,2 Abogacía Española (22 de decembro de 2020). "El Colegio de Abogados de A Coruña reconoce los 75 años de colegiación de José Manuel Liaño Flores". Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  3. Malvido, Gemma (2022-05-06). "Fallece Liaño Flores, el primer alcalde tras la dictadura franquista". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-05-07. 
  4. "Excmo. Sr. D. JOSÉ MANUEL LIAÑO FLORES - Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación". Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Consultado o 2022-05-05. 
  5. Fonte Limpa Arquivado 19 de abril de 2021 en Wayback Machine..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]