Saltar ao contido

Ismail Haniyeh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsmail Haniyeh

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) إسماعيل عبد السلام أحمد هنية Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1963 Editar o valor em Wikidata
campamento de Al-Shati, Estado de Palestina Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xullo de 2024 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Teherán, Irán Editar o valor em Wikidata
Causa da morteasasinato, ataque aéreo Editar o valor em Wikidata
Primeiro Ministro da Autoridade Nacional Palestina Palestinian March 2007 National Unity Government (en) Traducir
17 de marzo de 2007 – 14 de xuño de 2007 – Rami Hamdallah (en) Traducir →
Primeiro Ministro da Autoridade Nacional Palestina Palestinian government of March 2006 (en) Traducir
27 de marzo de 2006 – 17 de marzo de 2007
← Ahmed Qorei (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstado de Palestina Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Islámica de Gaza - Literatura árabe (–1987) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoHamás Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaÁrabe e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoConflito israelí-palestino Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
31 de xullo de 2024Asasinato de Ismail Haniyeh
International Criminal Court arrest warrants applications for Israeli and Hamas leaders (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2558538 Editar o valor em Wikidata

Ismail Haniyeh ou Ismail Haniya (en árabe: إسماعيل هنية, Ismāʿīl Haniyya ou إسماعيل عبد السلام أحمد هنية, Ismāʿīl ʿAbd as-Salām Aḥmad Haniyya), nado no campo de refuxiados de Al-Shati, Gaza o 8 de maio de 1963[1] e finado en Teherán (Irán) o 31 de xullo de 2024,[2] foi un político e activista palestino, líder do grupo Movemento de Resistencia Islámica (coñecido como Hamas) dende o 6 de maio de 2017[3] até o momento do seu asasinato.

Dende o 21 de febreiro de 2006, ostentou o cargo de Primeiro Ministro da Goberno de Unidade Nacional Palestina, creado por Fatah logo do triunfo de Hamas nas eleccións de 2006, e o mantivo até o 14 de xuño de 2007, cando o seu goberno foi destituído polo presidente palestino Mahmoud Abbas.[4]

Haniyeh foi durante dúas décadas o maior líder político do grupo terrorista Hamas, un grupo que reivindicou numerosos bombardeos de suicidio sobre civís.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Nado en Al-Shati, un campo de refuxiados palestinos no norte de Gaza, estudou literatura árabe na Universidade Islámica de Gaza. Ali entrou en contacto con Hamas e, decontado, adheriuse á política e militou no grupo dende a súa creación.[5]

Na década dos anos 80, fora detido en varias ocasións pola súa participación na Primeira Intifada.[6] En 1989, fora encarcerado durante outros 3 anos e ao ser liberado no 1992, exiliouse ao Líbano onde permaneceu até 1997, en que retornou a Gaza, e foi nomeado xefe da oficina de Ahmed Yassin,[7] considerado o lider espiritual do Movemento de Resistencia Islámica. Estaba con el, cando escaparon por pouco dun atentado en 2003 no que un F-16 israelí lanzou varios misiles contra unha casa en Gaza,[6] se ben Yassin foi asasinado o ano seguinte por Israel.[6]

Primeiro Ministro de Palestina (2006-2007)

[editar | editar a fonte]

Foi proposto o 16 de febreiro de 2006 como o novo primeiro ministro da Autoridade Nacional Palestina despois da vitoria de Hamas nas eleccións lexislativas palestinas do 25 de xaneiro de 2006. Antes da elección, Haniyeh foi votado internamente no alto da lista de candidatos por Hamas, facéndose o contendor principal da posición, actualmente sostida por Ahmed Qurei.

Era o líder político de Hamas dende 2017, cando substituíu a Khaled Mashal.[5] Segundo Al-Jazeera, "Haniyeh, a diferenza dalgúns outros líderes de Hamas, evitou suxerir 'a destrución de Israel'." Haniyeh, polo tanto, era visto como un líder "pragmático" de Hamas. Tiña a súa residencia familiar no campo de refuxiados de Al Shati, preto da cidade de Gaza, mais dende 2019 vivía exiliado en Qatar.[2]

Foi asasinado en Teherán no verán de 2024, logo de 10 meses de violencia constante na rexión: Hamás cometera en outubro de 2023 uns asasinatos e secuestros masivos no sur de Israel, aos que seguiu a invasión israelí dos territorios palestinos en Gaza e o bombardeo indiscriminado da poboación. Haniyeh estaba a asistir en Teherán á proclamación de Masud Pezexkian como novo primeiro ministro iraniano.[5]

  1. "Who was Hamas leader Ismail Haniyeh?". dunyanews.tv (en inglés). 31 de xullo de 2024. Consultado o 31 de xullo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 Redacción (31 de xullo de 2024). "Ismail Haniya, líder de Hamás, asesinado en Irán durante un ataque achacado a Israel". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2024. 
  3. Smolar, Piotr (6 de maio de 2017 [actualizado o 7 de maio de 2017]). "Ismaïl Haniyeh élu à la tête du mouvement palestinien Hamas". lemonde.fr (en francés). Consultado o 31 de xullo de 2024. 
  4. Redacción e Axencias (14 de xuño de 2007 [actualizado o 15 de xuño de2007]). "Le président Abbas annonce le limogeage du gouvernement et l'état d'urgence dans les territoires palestiniens". lemonde.fr (en francés). Consultado o 31 de xullo de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Redacción (31 de xullo de 2024). "Quién era Ismail Haniya, el líder político de Hamás y exprimer ministro palestino". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2024. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Redacción (25 de marzo de 2004). "The life and death of Shaikh Yasin". aljazeera.net (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2024. 
  7. Redaccción (31 de xullo de 2024). "Hamás anuncia que su líder Ismail Haniya fue asesinado en Teherán". bbc.com (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]