Isidoro Hornillos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isidoro Hornillos
Isidoro 2014.jpg
Isidoro Hornillos Baz (Foto de 2014)
Información persoal
NacionalidadeEspañola España
Nacemento27 de abril de 1957
Castronuño (Valladolid)
Castela e León Castela e León
ResidenciaMeirás, Sada, Galicia Galicia
Altura1,79 m [1]
Peso71 kg [1]
Webhttp://www.isidorohornillos.es
Deporte
PaísEspaña
DeporteAtletismo
Velocidade
Adestrador
PosiciónProfesor da Universidade da Coruña
Presidente da Federación Galega de Atletismo​
Presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas
Retiro1988 (como atleta)

Isidoro Hornillos Baz, nado en Castronuño, Valladolid, o 27 de abril de 1957, é un ex-atleta olímpico español.[2]

Practicante de probas de velocidade, en especial os 400 metros lisos, distancia na que obtivo os seus maiores éxitos deportivos.

Durante o período de 1975 a 1986 formou parte da selección de atletismo de España, conseguido diversos títulos de campión de España e varias plusmarcas nacionais absolutas.

Desde 1990 é profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña.[3]

Hornillos competiu nas probas dos 400 metros lisos e dos 4x400 nos Xogos Olímpicos de 1980, en Moscova, quedando en 6º lugar en ambas as competicións.[1]

E desde 2006 é o presidente da Federación Galega de Atletismo, cargo no que segue na actualidade.[4] A partir de 2015, é tamén o presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA).[5][6]

Na actualidade compaxina a docencia e a xestión deportiva coa súa faceta de escritor ocasional.[7]

Biografía[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Isidoro Hornillos naceu na vila de Castronuño, provincia de Valladolid. Alí residiu até os 7 anos, momento no que a súa familia, por motivos laborais, trasládouse a vivir ao concello coruñés de Sada.

Durante esa etapa Horillos no tivo ninguha vinculación co deporte.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Os inicios deportivos[editar | editar a fonte]

Aos 13 anos practicaba o voleibol no Colexio "Liceo La Paz" da Coruña. Tres anos máis tarde, sendo xa alumno da Universidade Laboral "Crucero Baleares" de Culleredo, compaxinou o balonmán co atletismo. Neste centro existía daquela unha gran tradición e compromiso cos programas do Deporte Escolar, baixo a dirección e impulso do profesor de Educación Física Teodosio del Castillo Muñoz,[8] e do tamén docente Julio Sacristán de Diego.

O deporte escolar[editar | editar a fonte]

Horrnillos coincidiu na Universidade Laboral con Saturnino Rodríguez Risco, que chegou a proclamarse campión de España absoluto de salto de lonxitude en pista cuberta cunha marca de 7,57 m.[9]

Neste ambiente atlético propicio Isidoro Hornillos disputou a súa primeira competición no ano 1974 nunha Fase Local Escolar nas pistas do Colexio "Santa María del Mar" dos xesuítas da Coruña, na distancia do hectómetro, na que consigue a primeira posición. Semanas máis tarde proclmouse campión provincial da Coruña, e meses despois campión de Galicia Escolar de 100 metros lisos, 200 e 4x100.

A Residencia Joaquín Blume[editar | editar a fonte]

Ao ano seguinte, en 1975, Isidoro obtivo o título de campión de España escolar en 100 m e en 4x100 m, así como o de subcampión nos 200 m, nun evento celebrado n histórico Estadio de Vallehermoso, en Madrid. Ese mesmo ano, a Real Federación Española de Atletismo, a través do pretixioso adestrador Julio Bravo Ducal,[10] ofreceulle unha bolsa de estudos do Consello Superior de Deportes para proseguir a súa carreira deportiva e académica na Residencia "Joaquín Blume" de Madrid, residencia para deportistas adscrita ao Centro de Alto Rendemento da capital, do Consello Superior de Deportes do Ministerio de Cultura e Deporte de España. Alí desenvolveu a parte máis importante da súa etapa de atleta. Desde 1982 até 1986 integrouse no grupo dirixido polo excepcional adestrador Paco López, con quen consigue as súas mellores marcas en 100 e 200 m lisos, actuais plusmarcas galegas absolutas.

Palmarés deportivo[editar | editar a fonte]

  • Campión de España Escolar de 100 m. Madrid, 1975
  • Campión de España Escolar de 4x100 m. Madrid, 1975
  • Subcampión de España Escolar de 200 m. Madrid, 1975
  • Subampión de España Xuvenil de 200 m. Zaragoza, 1975
  • Campión de España Júnior de 400 m. Madrid, 1976
  • Campión de España nos Xogos Sindicais de 100 m. Madrid, 1976
  • Campión de España nos Xogos Sindicais de 200 m. Madrid, 1976
  • Campión de España nos Xogos Sindicais de 4x100 m. Madrid, 1976
  • Campión de España Militar de 4x400 m. Toledo, 1977
  • Subcampión de España Militar de 200 m. Toledo, 1977
  • Subcampión de España Absoluto de 400 m. Zaragoza, 1978
  • Campión de España Absoluto en pista cuberta de 400 m. Oviedo, 1979
  • Campión de España Absoluto ao aire libre de 400 m. Barcelona, 1979
  • Subcampión de España Universitario de 200 m. Madrid, 1979
  • Récord de España Absoluto de 400 m (46" 50). México, 1979
  • Récord de España Absoluto de 400 m (46" 24). México, 1979
  • Récord de España Absoluto de 4x400 m (3' 04" 22). México, 1979
  • Cuarto clasificado na Universiada de México 1979 en 4x400 m.
  • Subcampión de España Absoluto de 400 m en pista cuberta. Oviedo, 1980
  • Subcampión de España Absoluto de 400 m. Madrid, 1980
  • Subcampión de España Absoluto de 400 m. Barcelona, 1981
  • Subcampión de España Absoluto de 200 m. Barcelona, 1981
  • Subcampión de España Absoluto de 4x400 m (Clubs). Zaragoza, 1981
  • Subcampión de Italia Absoluto de 400 m en pista cuberta. Xénova, 1981
  • Récord de España Absoluto de 4x200 m (1' 25" 3). Madrid, 1981
  • Campión de España Absoluto de 200 m en pista cuberta. Oviedo, 1982
  • Récord de España Absoluto de 200 m (21" 6). Oviedo, 1982
  • Récord de España Absoluto de 400 m (21" 5). San Sebastián, 1982
  • Campión de España Universitario de 200 m. Santiago de Compostela, 1982
  • Campión de España Universitario de 400 m. Santiago de Compostela, 1982
  • Campión de España Universitario de 4x400 m. Santiago de Compostela, 1982
  • Medalla de bronce no Campionto de España Absoluto de 400 m. 1982
  • Récord de España Absoluto de 300 m (34" 2). A Coruña, 1982
  • Medalla de bronce nos Xogos Iberoamericanos en 400 m. Barcelona, 1982
  • Subcampión de España Absoluto de 200 m en pista cuberta. Zaragoza, 1983
  • Subcampión de España Universitario de 100 m. Madrid, 1983
  • Medalla de bronce no Campionato de España Absoluto de 200 m. San Sebastián, 1983
  • Medalla de bronce no Campionato de España Universitario de 200 m. Madrid, 1983
  • Medalla de bronce nos Xogos do Mediterráneo en 4x400 m. Casablanca, 1983
  • Campión de España Univesitario de 100 m. Salamanca, 1986
  • Subcampión de España Universitario de 200 m. Salamanca, 1986
  • Récord de España Absoluto de 4x200 m (1' 23" 69). Madrid, 1986.[11]

A súa vinculación co Real Club Deportivo da Coruña[editar | editar a fonte]

Durante toda a súa vida deportiva, tras os seus dous primeiros anos n equipo da Universidade Laboral Crucero Baleares" de Culleredo, estivo fichado no Real Club Deportivo de La Coruña, desde 1975 até 1988, ano en que Augusto César Lendoiro accede á presidencia do club, e a súa Xunta Directiva decide aliminar a sección de atletismo. Nesta entidade coincidió cos tamén atletas olímpicos José Casabona e co leonés Colomán Trabado. Con este club proclamouse 22 veces campión de Galicia Absoluto en probas de velocidade entre 1979 e 1988.[12] En xaneiro de 2015 segue sendo plusmarquista de Galicia absoluto de 100 m (10" 55), 200 m (21" 12) e 400 m (46" 24) ao aire libre.[13] e de 200 m (21" 76) e 300 m (34" 2) en pista cuberta.[14]

Traxectoria académica e profesional[editar | editar a fonte]

Tras concluír a súa carreira deportiva, en 1988, Isidoro Hornillos mantivo a súa vinculación ao deporte, e en especial ao atletismo.

Formación[editar | editar a fonte]

Postos desempeñados[editar | editar a fonte]

  • Director do Servizo Municipal de Deportes de Culleredo, 1987.
  • Profesor de Educación Física no Instituto de Cee, 1988; na Universidade Laboral de Culleredo, 1989, e no Instituto de Monte Alto da Coruña, 1990.
  • Profesor do INEF de Galicia desde 1990, convertido en 1994 na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña.
  • Subdirector Académico do INEF Galicia (1990-1992).
  • Preparador físico do Hockey Club Liceo da Coruña.[15]

Materias impartidas[editar | editar a fonte]

  • Habilidades Atléticas e a súa Didáctica. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade da Coruña.[16]
  • Avances en adestramento de forza e resistencia. Materia optativa. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade da Coruña.[16]
  • Prácticum. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade da Coruña.[16]
  • Traballo de Fin de Grao (TFG). Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade da Coruña.[16]
  • Cursos de Doutoramento. Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Universidade da Coruña.[17]
  • Curso de Dirección, Planificación e Programación da Preparación Física en Nenos e Mozos. Sportis Formación Deportiva.[18]
  • Exercicio físico e saúde. Universidade Sénior. Universidade da Coruña.

Traxectoria como dirixente deportivo[editar | editar a fonte]

En 1988, ao retirarse definitivamente da práctica atlética competitiva, Hornillos foi nomeado Director Técnico da Federación Coruñesa de Atletismo polo presidente provincial, Jorge Doncel Queijeiro. Ao ano seguinte Sergio Vázquez Gómez ofrécelle o cargo de Director Técnico da Federación Galega de Atletismo, responsabilidade que desempeña até que, no ano 2006, accede á presidencia do ente autonómico. Posteriormente, no ano 2007, foi un dos impulsores da Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA), asumindo nos seus inicios o cargo de secretario e, na actualidade, de presidente.[19]

Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]

  • Director Técnico da Federación Provincial de Atletismo da Coruña (1987-1988).
  • Director Técnico da Federación Galega de Atletismo (1988-2006).
  • Fundador e primeiro presidente do Club Atletismo Sada (CAS) (1994).
  • Membro da Xunta de Goberno da Real Federación Española de Atletismo (2006-2014).
  • Membro da Comisión Delegada da Real Federación Española de Atletismo, en calidade de representante das federacións autonómicas (2006-2014).[20]
  • Membro da Comisión de Avaliación dos Deportistas Galegos de Alto Nivel da Xunta de Galicia (2006-2014).
  • Membro da Comisión de Avaliación de Bolsas para Deportistas da Deputación Provincial da Coruña (2009-2014).
  • Presidente da Federación Galega de Atletismo (2006-2010).[21]
  • Presidente da Federación Galega de Atletismo (2010-2014).[22]
  • Presidente da Federación Galega de Atletismo. Reelixido no 2014.[23]

Tamén formou parte, en calidade de voceiro, da Comisión de Federacións Deportivas Autonómicas (COFEDEA),[24] que representa a uns 2 300 000 deportistas e s 434 federacións autonómicas, creada a raíz da implantación polo Goberno de España da denominada "Licencia Deportiva Única".[25]

Outras actividades[editar | editar a fonte]

É colaborador habitual do diario La Voz de Galicia.[26]

Así mesmo, foi o fundador e director do programa da Televisión de Galicia (TVG2) "Citius, Altius, Fortius", producido integramente pola Federación Galega de Atletismo.

A súa faceta como adestrador e preparador físico[editar | editar a fonte]

Durante o período de 1989-1994 exerceu tarefas de adestrador de atletas como Roberto Faya, Cristina Veiga, Julio Fernández, Pablo Pérez, Suso Platas, Ángel Fidalgo, Jesús Díaz ou Rubén Piñeiro.[27]

Foi preparador físico do H.C. Liceo (1991-1993), con Andrés Caramés de adestrador.[28] Neste período o clubs conseguíu os títulos de Campión da Liga Española (OK Liga), da Copa Continental de Hóckey a patíns e a Copa Intercontinental de Hóckey a patíns. Tamén exerceu de preparador físico da Selección Española de Hóckey a patíns en 1993.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

No ano 1980 o Consello Superior de Deportes elixiuno mellor deportista absoluto da provincia da Coruña. Esa mesma tempada, o Real Club Deportivo de La Coruña impúxolle a insignia de ouro da entidade.

No ano 2000 recibiu unha distinción académica da Universidade da Coruña: Premio Extraordinario pola sía tese de doutoramento (Sobresaliente Cum laude), titulada "Fuerza máxima y explosiva en la carrera rápida". Cnco anos máis tarde, sendo Director Técnico da FGA, o Club de Atletismo Lucus de Lugo, en 2005, concedeulle a súa máxima distinción, a medalla de ouro. No ano 2012 recibiu a Medalla ao Mérito Deportivo da Xunta de Galicia.[29] Tamén no 2012 a Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE) distinguiuno como mellor xestor deportivo de Galicia.[30]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • HORNILLOS, Isidoro. El entorno del entrenamiento y la planificación a largo plazo de la población atlética gallega. Centro Olímpico de Estudios Superiores. Madrid. ISBN 854-87094-30-9
  • HORNILLOS, Isidoro; TUIMIL, J.L. Habilidades atléticas. Estudio. Santiago de Compostela. Edicións Lea, 1995. 96 p. ISBN 84-88553-96-X
  • HORNILLOS, Isidoro. Actividades dirigidas a la tercera edad. En Tratado de actividad física y ocio, Mayán, JM y Millán, J.C.. Instituto Gerontológico Gallego. Universidad de Santiago Compostela, 1996. p. 115-127. ISBN 84-606-2735-7
  • HORNILLOS, Isidoro. Entrenamiento y competición. Riesgo de Salud. En Tratado de actividad física y ocio, Mayán, JM y Millán, J.C.. Instituto Gerontológico Gallego. Universidad de Santiago Compostela, 1996. p. 71-82. ISBN 84-606-2735-7
  • CAMIÑA; Francisco.; HORNILLOS, Isidoro. Adestramento en seco dos nadadores de competición. Santiago de Compostela. Edicións Lea, 1997. 112 p. ISBN 84-88553-28-5
  • HORNILLOS, Isidoro. Introducción al estudio de las habilidades atléticas básicas. Cuadernos Técnico Pedagóxicos do INEF Galica. Oleiros, La Coruña, 1998. ISBN 8497-412-X
  • HORNILLOS, Isidoro. Atletismo. Barcelona. Editorial Inde. Barcelona, 2000. 106 p. ISBN 84-95114-21-6
  • HORNILLOS, Isidoro. Andar y correr. Barcelona. Editorial Inde. Barcelona, 2000. 102 p. ISBN 84-95114-10-0
  • HORNILLOS, Isidoro. Caminante, se hace camino al andar. Revista El Boticario del siglo XXI. Colegio Oficial de Farmacéuticos de La Coruña, 2001. Volumen X. p. 1-14.
  • FRAGUELA; R.; HORNILLOS, I.; LERA, A.; VARELA, L. La actividad física en la tercera edad. Centro de Documentación. Cuadernos Técnicos Pedagóxicos. INEF Galicia. Oleiros, 2002. 128 p. ISBN 84-688-0490-8
  • HORNILLOS, Isidoro. El entrenamiento de la velocidad en las categorías inferiores. En Arufe, V. Nutrición, medicina y rendimiento en el joven deportista. Asoc Cultural Atlét. Gallega. Santiago de Compostela, 2005. p. 213-255. ISBN 84-609-5537-0
  • HORNILLOS, Isidoro; LERA, Ángela. Fundamentos del entrenamiento de las capacidades físicas. En Tratado de atletismo en el siglo XXI. De Arufe; V; Patiño, M.J. Asoc. Cultural Atlética Gallega. Santiago Compostela, 2005 p. 125-242. ISBN 84-609-8921-6
  • LERA, A., HORNILLOS, I. Bases teóricas de la iniciación deportiva: concepto, objetivos, edad de inicio y finalización; fases sensibls y programación. En Tratado de atletismo en el siglo XXI. De Arufe; V; Patiño, M.J. Asoc. Cultural Atlética Gallega. Santiago Compostela, 2005 p. 125-242. ISBN 84-609-8921-6
  • ARUFE, V.; LERA, A.; HORNILLOS, I. Fases del ciclo vital del deportista. En Arufe, V., La iniciación deportiva. Un enfoque multidisciplinar. Asociación Cultural Atlética Gallega. Santiago de Compostela, 2006. p. 55-71. ISBN 84-611-0550-8.
  • HORNILLOS, Isidoro; LERA, A.; ARUFE, V. Bases del entrenamiento de la velocidad en las categorías inferiores. En Arufe, V., La iniciación deportiva. Un enfoque multidisciplinar. Asociación Cultural Atlética Gallega. Santiago de Compostela, 2006. p. 111-152. ISBN 84-611-0550-8
  • HORNILLOS, Isidoro; LERA, A.; ARUFE, V. Bases del entrenamiento de la flexibilidad en la iniciación deportiva. En Arufe, V., La iniciación deportiva. Un enfoque multidisciplinar. Asociación Cultural Atlética Gallega. Santiago de Compostela, 2006. p. 153-173. ISBN 84-611-0550-8
  • HORNILLOS, Isidoro; LERA, A.; ARUFE, V. La iniciación deportiva. Un enfoque multidisciplinar. En Arufe, V., La iniciación deportiva. Un enfoque multidisciplinar. Asociación Cultural Atlética Gallega. Santiago de Compostela, 2006. p. 153-173. ISBN 84-611-0550-8
  • HORNILLOS, Isidoro; LERA, A.; ARUFE, V. Bases del entrenamiento de la flexibilidad en la iniciación deportiva. En Arufe, V., La iniciación deportiva. Un enfoque multidisciplinar. Asociación Cultural Atlética Gallega. Santiago de Compostela, 2006. p. 153-173. ISBN 84-611-0550-8
  • HORNILLOS, Isidoro; LERA, A.; ARUFE, V. Modelos de planificación deportiva en jóvenes. En Arufe, V., Entrenamiento en niños y jóvenes deportistas. Asociación Cultural Atlética Gallega. Santiago de Compostela, 2007. p. 51-82. ISBN 978-84-611-6030-3
  • LERA, A; HORNILLOS, I. ARUFE, V. El deporte en las Comunidades Autónomas. En Arufe, V., Entrenamiento en niños y jóvenes deportistas. Asociación Cultural Atlética Gallega. Santiago de Compostela, 2007. p. 315-330. ISBN 978-84-611-6030-3
  • HORNILLOS, Isidoro. Deporte, mujer y rendimiento deportivo. En I Xornadas Muller e Deporte. Libro de actas. De Pazos, J.M. Universidad de Vigo, 2007. p. 24-36. ISBN 978-84-89444-95-9
  • HORNILLOS, Isidoro. La capacidad acelerativa en el deporte. En I Congreso Internacional de Atletismo de la UCAM. Revista de Ciencias de la AF y el Deporte. Universidad Católica de Murcia, 2010. p. 12-14. ISBN 84-606-2735-7
  • HORNILLOS, Isidoro. Hacia una Ley de Protección del Deporte Escolar. En Educ Física y Deporte, promotores de una vida saludable, Ruíz, F. y cols. FEAFED, 2013, p. 149-156. ISBN 978-84-939424-5-8

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Isidoro Hornillos reside en Meirás, Sada. Está casado con Ángela Lera Navarro, coa que tivo unha filla, Lidia, nacida o 3 de agosto de 1990.[31]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Evans, Hilary; Gjerde, Arild; Heijmans, Jeroen & Mallon, Bill (1980): Isidoro Hornillos Olympic Results. En Olympics at Sports-Reference.com. Consultado o 4 de setembro de 2018.
  2. Comité Olímpico Español.
  3. Hornilos Baz, Isidoro.
  4. Isidoro Hornillos será candidato a la Federación Española de Atletismo. La Voz de Galicia, 12-05-2015. Consultada o 6 de setembro de 2018.
  5. Isidoro Hornillos Baz en Linkedin.
  6. Currículum de Isidoro Hornillos Baz PDF.
  7. Galegos: Galicia Dixital.
  8. Teodosio del Castillo Muñoz.
  9. Hemeroteca ABC.
  10. Julio Bravo DEP.
  11. Diario El Mundo Deportivo.
  12. Campeones de Galicia Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  13. "Records de Galicia de Aire Libre". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2018. Consultado o 03 de setembro de 2018. 
  14. Records de Galicia de Pista Cubierta Arquivado 25 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine..
  15. Preparador físico del Hockey Liceo de A Coruña.
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 Páxina do INEF Galicia.
  17. Páxina do INEF Galicia
  18. Sportis Formación Deportiva Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine..
  19. La Voz de Galicia[Ligazón morta].
  20. Miembro Comisión Delegada RFEA.
  21. Primera legislatura en la presidencia de la FGA.
  22. Segunda legislatura en la presidencia de la FGA.
  23. Diario La Voz de Galicia.
  24. Portavoz COFEDEA.
  25. Licencia Deportiva Única.
  26. Colaborador La Voz de Galicia.
  27. Sportis Formación Arquivado 20 de xuño de 2013 en Wayback Machine..
  28. Andrés Caramés.
  29. Medalla al Mérito Deportivo de la Junta de Galicia Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  30. Mejor gestor deportivo de Galicia.
  31. Horilllos Baz, Isidoro. En Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. VV.AA., 2002, Santiago de Compostela: Editorial Compostela, S.A. ISBN 84-8054-113-4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]