Centro de Alto Rendemento (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O conxunto español de ximnasia rítmica de 2007 no CAR de Madrid.

Un Centro de Alto Rendemento (CAR) é unha instalación deportiva cuxa finalidade é a melllora do rendemento deportivo, subministrando aos deportistas de alto nivel as mellores condicións de adestramento posíbeis.[1]

Fundamentos e funcións[editar | editar a fonte]

Os Centros de Alto Rendemento fundaméntanse na formación dos atletas españois para as competicións internacionais, grazas aos medios de importante calidade técnica e científica dos que disponoñen. Procúrase dar ao deportista unha formación integral, e facer partícipe á sociedade dos coñecementos que xeran polas súas actividades.

Estes Centros tamén fécense cargo da formación educativa dos seus deportistas, algo que se considera prioritario. O Centro facilita aos seus deportistas as ferramentas necesarias para o seu desenvolvemento educativo. Os deportistas dun CAR teñen opción á Educación Secundaria Obrigatoria grazas ao Instituto que se encontra nas mesmas instalacións do CAR.

Cada CAR conta taién cunha residencia para as concentracións. Debido a que existe unha gran cantidade de seleccións e equipos de diferentes modalidades deportivas (atletismo, fútbol, balonmán, voleibol, hóckey, tenis, natación, ximnasia, taekwondo, etc), xa sexan de España ou de fóra do Estado, que realizan as súas concentracións preparatorias no CAR.

Personalidade xurídica[editar | editar a fonte]

O Centro de Alto Rendemento é unha entidade de dereito público, que ten personalidade xurídica propia, actuando en réxime de empresa mercantil e con autonomía organizativa. Os CARs están adscritos á Secretaría Xeral do Deporte, que ten un convenio de financiamento co Consello Superior de Deportes.

Centros[editar | editar a fonte]

A ximnasta rítmica española Natalia García Timofeeva no CAR de San Cugat, onde adesrtran algunhas ximnastas individuais da selección nacional de ximnasia rítmica de España.

Os Centros de Alto Rendemento existentes na actualidade, clasificados polo Consello Superior de Deportes, segundo establece a Resolución de 27 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Deportes, pola que se clasifican as instalacións e os programas deportivos para o desenvolvemento do deporte de alto nivel e de competición en España, son os seguintes:[2]

  • Centros de Alto Rendemento
    • Centro de Alto Rendemento do CSD en Madrid, Madrid.
    • Centro de Alto Rendemento de San Cugat del Vallés, Sant Cugat del Vallès.
    • Centro de Alto Rendemento para adestramento en altura do CSD en Serra Nevada, Monachil.
    • Centro de Alto Rendemento do CSD en León, León.
  • Centros Especializados de Alto Rendemento
    • Centro Especializado de Alto Rendemento de Ciclismo en Palma de Mallorca, Palma de Mallorca.
    • Centro Especializado de Alto Rendemento de Golf en Madrid, Madrid.
    • Centro Especializado de Alto Rendemento de Remo e Piragüismo "La Cartuja" en Sevilla, Sevilla.
    • Centro Especializado de Alto Rendemento de Tiro Olímpico "Juan Carlos I" en Granada, Las Gabias, Granada
    • Centro Especializado de Alto Rendemento de Vela "Príncipe Felipe" en Santander, Santander.

Anteriormente houbo outras clasificacións, segundo as Resolucións de 9 de marzo de 1998 (BOE de 17 de marzo) e de 17 de xuño de 2002 (BOE de 12 de xullo).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]