A asemblea do Comité Olímpico Español ten aproximadamente entre 150 e 200 membros. Algúns teñen carácter vitalicio, como aqueles que foron presidentes ou secretarios do propio Comité, ou membros do Comité Olímpico Internacional (antigos e actuais). Ademais, son membros os presidentes de todas as federacións olímpicas (as federacións españolas dos deportes olímpicos), e tamén as dalgunhas federacións non olímpicas, así como algúns membros (elixidos ou representativos) que ocupan as cotas dos xornalistas deportivos, os deportistas, os adestradores, as institucións políticas implicadas (deporte e Asuntos Exteriores) etc.