Unión de Federacións Deportivas Galegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°20′30″N 8°24′50″O / 43.34167, -8.41389

Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA)
Logotipo
PresidenteIsidoro Hornillos Baz

A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) é unha asociación sen ánimo de lucro que reúne ás Federacións de todos os deportes da Comunidade Autónoma Galega.

Creación[editar | editar a fonte]

A UFEDEGA foi creada en 2007, inscrbíndose o día 27 de xuño dese ano no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia. Nese acto, a daquela directora xeral de Deportes, Marta Souto, apreciou a iniciativa, e mostrouse convencida de que a Unión servirá para avanzar no camiño do diálogo e a participación.[1]

Federacións adscritas[editar | editar a fonte]

Inicialmente conformábana 31 entidades, e outras catro estaban a punto de sumarse. Entre as que aínda non se afiliaran, as máis significativas eran a Federación Galega de Fútbol e a de Automobilismo.

As primeias asinantes foron:[1]

Obxectivos[editar | editar a fonte]

A UFEDEGA ten como principal obxectivo a defensa e o fomento da práctica deportiva federada en Galicia. As súas maiores preocupacións céntranse nas titulacións, os seguros médicos, as fichas ou os gastos en material deportivo, para mellorar e abaratar custos.[1]

Sede[editar | editar a fonte]

Ten a súa sede na cidade da Coruña, no Complexo Deportivo de Elviña, na Avenida de Glasgow, 13, no barrio do Birloque.

Presidencia[editar | editar a fonte]

Desde o ano 2015 o seu presidente é Isidoro Hornillos Baz, que tamén é o presidente da Federación Galega de Atletismo.[2][3]

Sen recoñecemento oficial[editar | editar a fonte]

A Unión non está recoñecida oficialmente pola Xunta de Galicia. Por isto, o PSdDG-PSOE demanda o seu recoñecemento por lei, aspecto que consideran fundamental para garantir o traballo da entidade.[4]

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.