Ione Belarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ione Belarra Urteaga»)
Infotaula de personaExcelentísima Señora Editar o valor em Wikidata
Ione Belarra

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Ione Belarra Urteaga Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1987 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
Representa: Podemos

17 de agosto de 2023 –
Lexislatura: 15th Congress of Deputies (en) Traducir

Circunscrición electoral: Madrid
Secretario xeral de Podemos
13 de xuño de 2021 –
← Pablo Iglesias Turrión
Ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030
31 de marzo de 2021 – 20 de novembro de 2023
← Pablo Iglesias TurriónPablo Bustinduy →
Secretary of State for the 2030 Agenda (en) Traducir
15 de xaneiro de 2020 – 31 de marzo de 2021
Deputada de España
Representa: Unidas Podemos

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Navarra

Deputada de España
13 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019

Circunscrición electoral: Navarra

Deputada de España
11 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Navarra

Deputada de España
4 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Navarra

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid - psicoloxía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , psicóloga Editar o valor em Wikidata
Partido políticoSUMAR (2023–2023)
Podemos Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: IoneBelarra Twitter: ionebelarra Instagram: ionebelarra Dialnet: 3151294 Editar o valor em Wikidata

Ione Belarra Urteaga, nada en Pamplona o 25 de setembro de 1987, é unha política e psicóloga navarra, membro do consello cidadán estatal de Podemos e ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030 do Goberno de España. Foi deputada por Navarra das lexislaturas XI, XII, XIII e XIV do Congreso dos Deputados e voceira adxunta do grupo confederal Unidos Podemos-EP-EM no Congreso dos Deputados.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É graduada superior en integración social, licenciada en psicoloxía, máster en psicoloxía da educación e segundo ano de doutoramento en educación, desenvolvemento e aprendizaxe. Traballou en Cruz Vermella, na Comisión Española de Axuda ao Refuxiado, no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e na Universidade Autónoma de Madrid.[2]

Naceu e viviu en Pamplona até que comezou os seus estudos en psicoloxía na Universidade Autónoma de Madrid. Dende entón, traballou en investigación en cuestións relacionadas coa educación, as experiencias migratorias e os dereitos humanos. Durante estes anos foi activista en diferentes organizacións como SOS Racismo e en plataformas e campañas polo peche dos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIEs) así como en diversas mobilizacións a prol dos dereitos humanos das persoas en situación de especial vulnerabilidade.

En novembro de 2014 accedeu ó Consello Cidadán Estatal de Podemos tras votación en primarias.[3] Foi nomeada responsable da área de Dereitos Humanos, Cidadanía e Diversidade.[4]

Ocupou o primeiro posto pola circunscrición electoral de Navarra de Podemos para as eleccións xerais do 20 de decembro de 2015[5] e logrou escano no Congreso dos Deputados sendo nomeada voceira suplente da Deputación Permanente e membro suplente da Delegación española na Asemblea da Unión Interparlamentaria (UIP).[6][7]

Nas eleccións xerais de 2016 volveu encabezar a lista de Podemos por Navarra e obtivo escano na XII lexislatura no Congreso dos Deputados.

O 12 de febreiro de 2017 volveu ser elixida en primarias conselleira cidadá estatal de Podemos.[8] O 18 de febreiro de 2017 foi nomeada voceira adxunta do grupo confederal Unidos Podemos-EP-EM no Congreso dos Deputados e pertence ó grupo de técnicos e expertos que conforman o "ensaio xeral do futuro goberno" ou "goberno na sombra" de Podemos.[9][10]

Tralo inicio do Goberno de coalición entre PSOE e Unidas Podemos, Ione Belarra foi nomeada secretaria de Estado para a Axenda 2030. Tomou posesión do cargo o 22 de xaneiro de 2020.[11] En marzo de 2021, e tralo anuncio da saída de Pablo Iglesias do Goberno de coalición para presentarse ás eleccións á Asemblea de Madrid de 2021, Belarra foi nomeada ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Obras[editar | editar a fonte]

Publicacións e colaboracións:

  • 2013 - Does Living with Mean Living Together? An in-Depth Analysis of Coexistence in Host Homes for sub-Saharan Population in the City of Madrid
  • 2013 - Experiencia: Geografías de la adolescencia en el área de Madrid
  • 2013 - Hacia la educación intercultural: Un largo camino de ida y vuelta.: En A. Manzanares (coord.) Temas educativos en el punto de mira (pp. 160-186). Madrid: Wolters Kluwer
  • 2014 - Construcción de subjetividades en tiempos de emprendimiento
  • 2014 - Repensando el proceso: propuestas críticas para la educación social desde la perspectiva socio-constructivista Revista Educación Social, Nº19
  • 2014 - Modernisation of Higher Education in Europe : access, retention and employability. Bruxelas : EACEA.
  • 2014 - Aprendizaje de la ciudadanía y participación Mata, P.; Ballesteros, B. e Gil Jaurena,I.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]