Abrótega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Abrótega
Asphodelus albus.004.JPG
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Asparagales
Familia: Xanthorrhoeaceae
Subfamilia: Asphodeloideae
Xénero: Asphodelus
Especie: Asphodelus albus
Nome binomial
Asphodelus albus
Mill.
Subespecies

A abrótega[1] ou abrótea (Asphodelus albus) é unha planta perenne da familia das liliáceas, moi empregada como planta de xardín, nativa do centro sur de Europa. Pode chegar ata o metro de altura, aínda que habitualmente tan só chega a 50 cm. As follas con forma de espada nacen na base da planta; as flores vanse xuntando a medida que se ascende polo talo ata chegar á cima na que están en acios ou amoreadas.

Na parroquia de Vilelos (O Saviñao), os agucios (polo seu nome local) arríncanse durante o último mes do verán para facer fachas ás que se prende lume na derradeira semana de setembro.[2]

Asphodelus albus foi descrita por Philip Miller e publicado en Gard. Dict. ed. 8 3 1768.[3]

En Galicia foi descrita por Baltasar Merino na súa obra Flora descriptiva é ilustrada de Galicia no ano 1909.[4]

Abundante en terreos estériles e montes principalmente da costa e rexión media. Fl. a finais de primavera.
Baltasar Merino, Flora descriptiva é ilustrada de Galicia, Tomo III, páxina 7, 1909.[5]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Medra de forma silvestre en pradeiras e chairas solleiras de España, o sur de Francia e a costa mediterránea ata os Balcáns, entre o nivel do mar e os 2.000 metros sobre o nivel do mar. Prefire chans alcalinos, e é marcadamente termófila.

Nomes vernáculos galegos[editar | editar a fonte]

Tamén recibe os nomes de abrótena, apóutiga, asfódelo, breca, gamón, gamota, herba do gando, lumbrieiro, nunú, ouropesa, ouropeso, pé de pita, pella[Cómpre referencia] e petuga.[6][7]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xusto Rodríguez Río (coordinación) (2004). Servizo de Normalización Lingüística da USC, ed. Termos esenciais de botánica (PDF). p. 18. 
  2. Folión de Fachas de Vilelos
  3. Asphodelus albus en Trópicos
  4. Flora descriptiva é ilustrada de Galicia, Tomo III, páxina 7.
  5. Tradución do orixinal en castelán.
  6. Dicionario de sinónimos da lingua galega, Galaxia, 1997
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abrótea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]