Honiara
Coordenadas: 9°28′S 159°49′L / -9.467, -159.817
Honiara | |
---|---|
Vista aérea | |
Localización | |
País | ![]() |
Provincia | Territorio Capital |
Illa | Guadalcanal |
Xeografía | |
Superficie | 22 km² |
Demografía | |
Poboación | 84.520 hab. (2017) |
Densidade | 3.841´8 hab/km² |
Outros datos | |
Alcalde | Israel Maeoli |
Honiara, cidade situada na illa de Guadalcanal e capital das Illas Salomón. En 1986, Honiara contaba cunha poboación de 50.100 habitantes, e para o 2009 tiña unha estimación de poboación de 66.824 habitantes, sendo a cidade máis poboada do país.[1]
Situada en Guadalcanal, a cidade foi reconstruída para albergar a capital do arquipélago, en substitución da antiga capital, Tulaghi, tras o fin da Segunda Guerra Mundial.
A cidade ten aeroporto e porto para a exportación de coco, madeira e ouro. Tamén se atopan os principais organismos administrativos do país e o Museo Nacional.
Historia[editar | editar a fonte]
Honiara non existía antes da Segunda Guerra Mundial. Foi desenvolvida durante esta guerra ao redor do cuartel xeral do exército dos Estados Unidos en Guadalcanal.[2] En 1952 substituíu oficialmente a Tulagi como capital nacional.
Nos anos 1960, o goberno, en asociación co sector privado, pusó en marcha un extenso programa de desenvolvemento da nova capital. O 15 de novembro de 1966 estableceuse a Diocese de Honiara, que o 22 de decembro de 1978 foi elevada ao rango de Arquidiocese.[3]
Tras violentos disturbios no ano 2000, a protección da poboación foi realizada por tropas australianas, pois as Illas Salomón carecen de exército. Con todo, a tregua lograda polos australianos no 2000 fracasou no 2003, e as tropas estranxeiras regresaron a Honiara por solicitude do Parlamento das Illas Salomón. En 2006 estalaron novos disturbios tras a elección de Snyder Rini como Primeiro Ministro, que se saldaron coa destrución de gran parte do barrio chinés e o desprazamento de máis de 1000 residentes chineses.[4] Tres membros do Parlamento Nacional foron detidos durante ou como consecuencia das revoltas.[5]
Xeografía[editar | editar a fonte]
Hoinara está situada na costa norte da illa Guadalcanal. O clima é tropical, con temperaturas medias diúrnas medias de 28 °C durante todo o ano.
É o principal centro urbano das Illas Salomón, concentrando máis da metade dos postos de traballo formais. Ademais, o consumo per cápita dun habitante da capital triplica ao dos habitantes rurais.
Ao compararse con salomenses rurais, os habitantes da capital teñen o dobre de probabilidades de recibir unha educación secundaria, e tres veces máis probabilidades de contar cunha conta bancaria e con servizos sanitarios na súa residencia. A porcentaxe de habitantes de Honiara con servizo eléctrico supera oito veces á da dos habitantes do campo. Por estas razóns, non é raro que se dea unha considerable migración de salomoneses a Honiara.
Posúe o Aeroporto Internacional Honiara.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ World Gazetteer (ed.). "Solomon Islands: largest cities and towns and statistics of their population" (en ingés). Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2012. Consultado o 23 de setembro de 2011.
- ↑ Encyclopædia Britannica (ed.). "Honiara" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2011.
- ↑ CatholicNET in the world (ed.). "A brief history of the Archdiocese of Honiara" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2007. Consultado o 24 de setembro de 2011.
- ↑ Penny Spiller (21 de abril de 2006). BBC News, ed. "Riots highlight Chinese tensions" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2011.
- ↑ The Sydney Morning Herald, ed. (24 de abril de 2006). "Third Solomons MP arrested over riot" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Honiara |