Tarawa Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTarawa Sur
South Tarawa (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 1°20′N 172°58′L / 1.33, 172.97Coordenadas: 1°20′N 172°58′L / 1.33, 172.97
EstadoKiribati
Island group of Kiribati (en) TraducirIllas Gilbert Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación63.439 (2020) Editar o valor em Wikidata (4.025,32 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie15,76 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor em Wikidata
Altitude3 m Editar o valor em Wikidata

Tarawa Sur (en kiribatiano: Tarawa Teinainano) é a capital do Estado das illas Kiribati, unha mancomunidade urbana do atol de Tarawa. O seu nome completo en kiribatiano é Teinainano Urban Council (literalmente «consello urbano da vela»), con frecuencia abreviado como TUC. En 2010 tiña 50 182 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa do atol de Tarawa — Tarawa Sur esténdese desde Bairiki a Bonriki

Sita no atol de Tarawa, a cidade espállase desde Bairiki a Bonriki, sobre unha trintena de quilómetros, abranguendo unha decena de illotes unidos entre si, o que equivale a toda a rama meridional do atol (de aí o nome xilbertense de «vela», pois a forma do atol lembra unha vela latina). A rama norte denomínase en xilbertense «ieta» («mastro»).

Características urbanas[editar | editar a fonte]

Bairiki[editar | editar a fonte]

Bairiki está considerada como o centro administrativo principal da república de Kiribati, pois é sede da presidencia e dalgúns ministerios, mais non é unha colectividade territorial falando con propiedade. En Ambo sitúase o Parlamento, dito Maneaba ni Maungatabu.

Tarawa Sur é tamén a sede do bispado católico de Tarawa e de Nauru, da Igrexa protestante de Quiiribati e de numerosos organismos de todo tipo: a Escola Normal, o hospital Tungaru, o instituto Moroni (Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días)), así como dun centro da Universidade do Pacífico Sur.

A cidade concentra un cuarto da poboación da república e elixe tres deputados para o Parlamento (Maneaba ni Maungatabu) sobre un total 42 deputados.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Está unida á illa de Betio pola ponte Japanese Causeway ("a calzada xaponesa") desde a década de 1980. O illote de Bonriki posúe un aeroporto internacional.

Notas[editar | editar a fonte]