Majuro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMajuro
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 7°05′30″N 171°22′49″L / 7.0918, 171.3802Coordenadas: 7°05′30″N 171°22′49″L / 7.0918, 171.3802
EstadoIllas Marshall Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación30.000 (2008) Editar o valor em Wikidata (3.092,78 hab./km²)
Xeografía
Superficie9,7 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor em Wikidata
Altitude3 m Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2MH-MAJ Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Taipei (1998–)
Honolulu (2009–) Editar o valor em Wikidata

Costa da lagoa en Majuro, febreiro de 1973

Majuro (/ˈmæər/; Marshalés: Mājro[1]; oficialmente en xaponés: マジュロ) é mencionada ás veces como a capital e a maior cidade da República das Illas Marshall. Tamén é un gran atol de coral de 64 illas no océano Pacífico. Forma o distrito lexislativo de Ratak (Sunrise) Chain das illas Marshall. O atol ten unha superficie terrestre de 9´7 km² e encerra unha lagoa de 295 km². Do mesmo xeito que ocorre noutros atois nas Illas Marshall, Majuro está composto por estreitas masas de terra.

O principal núcleo de poboación son as comunidades de Delap-Uliga-Djarrit (DUD) localizadas no punto oriental do atol Majuro son a capital das Illas Marshall, está formado por tres motus contiguos e ten unha poboación de 20.301 persoas (2012). Majuro ten un porto, un distrito comercial e hoteis. Majuro ten un aeroporto internacional que voa a Hawai, Micronesia, Kiribati e Nauru, e serve aos destinos nacionais de todo o país.

Xeografía[editar | editar a fonte]

É un atol coralino e ten unha superficie total de aproximadamente 304,2 km² cunha masa de terra de ao redor de 9,17 km² e unha lagoa duns 295,05 km². O atol consta de preto de 64 illas e a altura máxima é de só 13 m.s.m.. Só unhas poucas illas están habitadas, pero todo o atol ten ao redor de 30.000 habitantes, que representa case a metade da poboación do país. É popular a pesca deportiva, e os mergulladores son atraídos cara a esta área. As illas máis grandes son:

Illas Orientais

"Delap, Uliga-Darrit - DUD" área metropolitana, inclúe as illas máis grandes

  • Delap, distrito administrativo do edificio do parlamento "Capitolio"
  • Uliga, distrito de negocios, esta tamén o "CMI" (Colexio das Illas Marshall) e o museo "Museo Nacional Alele" coa da historia da illa
  • Darrit, Djarrot e Rita, distritos comerciais e residenciais.
  • Rairok co aeroporto
  • Enearmi
  • Ejit
  • Garra
  • e unha serie de pequenas illas

Illas Occidentais

  • Laura, a maior das illas, barrio residencial cunha fermosa praia
  • Ajeltake
  • Arrak
  • Jelter
  • Rongrong
  • Woja
  • e unha serie de pequenas illas

A cidade[editar | editar a fonte]

  • Construída sobre un atol de 64 illas, o atol Majuro, a cidade ten porto e aeroporto internacional.
  • A Universidade das Illas Marshall está no extremo oriental do atol.

Mapa das Illas Marshall

Atol Majuro
Rua principal en Majuro
Datos
País Illas Marshall Illas Marshall
Illa principal Majuro
Linguas Marshalés e inglés[2]
Poboación (2011) 27.797 hab.
Superficie 9´17 km²
Superficie lagoa 295 km²
Nº de illas 64
Coordenadas 7°04′N 171°16′L / 7.067, -171.267
Maior Altura 13 m.
Localización
Localización do atol Majuro

Historia[editar | editar a fonte]

Os humanos habitan o atol durante polo menos 2.000 anos.[3]

O atol Majuro foi reclamado polo Imperio Alemán co resto das Illas Marshall en 1884, e os alemáns estableceron un posto comercial. Do mesmo xeito que co resto dos Marshalls, Majuro foi capturado pola Armada Imperial Xaponesa en 1914 durante a primeira guerra mundial e quedou baixo o Imperio do Xapón por mandato da Liga das Nacións en 1920. A illa pasou a formar parte do territorio xaponés de Nanyo, aínda que os xaponeses estableceron un goberno en Nanyo, os asuntos locais quedaron principalmente nas mans dos líderes locais tradicionais ata o comezo da segunda guerra mundial.

A Quinta Frota ancorada en Majuro, 1944

O 30 de xaneiro de 1944, as tropas dos Estados Unidos invadiron o atol, pero descubriron que as forzas xaponesas evacuaran as fortificacións de Kwajalein e Enewetak aproximadamente un ano antes. Só quedaba un suboficial xaponés como coidador. Coa súa captura, aseguraron as illas. Isto deu á armada dos Estados Unidos un dos maiores ancoradoiros no Pacífico central. A lagoa converteuse nunha gran base naval de operacións e foi a maior e máis activa do mundo ata que a guerra se desprazou cara ao oeste cando substituíuse por Ulithi (Yap, Estados Federados de Micronesia).[4]

Despois da segunda guerra mundial, Majuro quedou baixo o control dos Estados Unidos como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. Suplantou ao Atol de Jaluit como o centro administrativo das Illas Marshall, un status que mantén despois da independencia das Illas Marshall en 1986.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "M". trussel2.com. Consultado o 29 May 2015. 
  2. Islas Marshall campusvirtual.unex.es
  3. "The Natural history of Enewetak Atoll". Internet Archive. Oak Ridge, Tenn. : U.S. Dept. of Energy, Office of Energy Research, Office of Health and Environmental Research, Ecological Research Division. 1987. Consultado o 29 de maio de 2015. 
  4. "Eastern Mandates". army.mil. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2013. Consultado o 29 May 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]