Saltar ao contido

Territorio dependente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Territorios dependentes»)

Os territorios dependentes son territorios que por diversas razóns non gozan dos privilexios de total independencia ou soberanía e, polo tanto, son gobernados por outros estados, chamados tamén metrópoles. Moitos deles poden ser considerados como colonias.

Os territorios dependentes contan cun sistema administrativo diferente ao da metrópole ou as unidades que conforman a metrópole (por exemplo, provincias e departamentos). Polo xeral gozan de menores dereitos administrativos e políticos que unha subunidade nacional (autonomía ou goberno local). Este tipo de administración varía segundo o nivel de dependencia do territorio. Así existen territorios completamente deshabitados.

A maioría destes estados dependentes corresponden a illas de baixa poboación que non poden soster un goberno autónomo.

Lista de territorios dependentes

[editar | editar a fonte]
Territorio País Superficie Poboación Tipo de dependencia
Åland Finlandia Finlandia 6.784 km² 26.711 Provincia autónoma
Akrotiri e Dhekelia Reino Unido Reino Unido 154 km² 14.500 Bases soberanas
Antártida ' 14.000.000 km² 1.000 Reclamacións territoriais de sete países, conxeladas en virtude do Tratado Antártico
Anguila Reino Unido Reino Unido 91 km² 12.800 Territorio de ultramar
Antillas Neerlandesas Países Baixos Países Baixos 960 km² 212.226 País autónomo
Aruba Países Baixos Países Baixos 180 km² 103.000 País autónomo
Bermudas Reino Unido Reino Unido 53 km² 64.482 Territorio de ultramar
Groenlandia Groenlandia Dinamarca Dinamarca 2.166.086 km² 56.375 Territorio autónomo
Guam Guam Estados Unidos de América Estados Unidos 549 km² 163.941 Área organizada non incorporada
Guantánamo Estados Unidos de América Estados Unidos 116 km² 550 Base militar arrendada a Cuba
Guernsey Guernsey Reino Unido Reino Unido 78 km² 65.031 Dependencia da Coroa
Hong Kong China 1.092 km² 7.303.334 Rexión administrativa especial
Illa Bouvet Noruega Noruega 58,5 km² 0 Sen status
Francia Illa Clipperton Francia 7 km² 0 Illa non incorporada
Man Illa de Man Reino Unido Reino Unido 572 km² 75.049 Dependencia da Coroa
Illa Montserrat Reino Unido Reino Unido 102 km² 9.341 Territorio de ultramar
Illa de Nadal Illa de Nadal Australia Australia 135´0 km² 1.500 Territorio sen autogoberno
Illa Norfolk Australia Australia 34,6 km² 1.828 Territorio externo
Australia Illas Ashmore e Cartier Australia Australia 5,0 km² 0 Territorio sen autogoberno
Illas Caimán Illas Caimán Reino Unido Reino Unido 260 km² 41.934 Territorio de ultramar
Illas Cocos Illas Cocos Australia Australia 14,2 km² 629 Territorio externo
Illas Cook Illas Cook Nova Zelandia Nova Zelandia 240 km² 21.388 Estado asociado
Francia Illas Dispersas Francia 80 km² 0 Illa non incorporada
Illas Feroe Illas Feroe Dinamarca Dinamarca 1.399 km² 48.228 Territorio autónomo
Australia Illas Heard e McDonald Australia Australia 412 km² 0 Territorio externo
Illas Marianas do Norte Estados Unidos de América Estados Unidos 477 km² 80.006 Estado Libre Asociado
Illas Malvinas Reino Unido Reino Unido 12.173 km² 2.967 Territorio de ultramarTerritorios reclamados pola Arxentina, pero baixo administración británica
Australia Illas do Mar do Coral Australia Australia 3,0 km² 0 Territorio externo
Illas Periféricas Menores dos Estados Unidos Illas Periféricas Menores dos Estados Unidos Estados Unidos de América Estados Unidos 34 km² 0 Reservas naturais non incorporadas
Illas Pitcairn Reino Unido Reino Unido 47 km² 46 Territorio de ultramar
Illas Virxes Británicas Reino Unido Reino Unido 153 km² 22.643 Territorio de ultramar
Illas Virxes Estadounidenses Estados Unidos de América Estados Unidos 35 km² 124.778 Área organizada non incorporada
Jan Mayen Noruega Noruega 373 km² 0 Sen estátus
Macau China 27,3 km² 451.000 Rexión administrativa especial
Mayotte Francia 374 km² 193.633 Colectividade de ultramar
Niue Niue Nova Zelandia Nova Zelandia 260 km² 2.166 Estado asociado
Nova Caledonia Nova Caledonia Francia 19.060 km² 216.494 País de ultramar
Polinesia Francesa Polinesia Francesa Francia 4.167 km² 270.485 Territorio de ultramar
Porto Rico Estados Unidos de América Estados Unidos 9.104 km² 3.916.632 Estado libre asociado
Samoa Americana Samoa Americana Estados Unidos de América Estados Unidos 199 km² 57.881 Área non organizada nin incorporada
Saint-Pierre-et-Miquelon Francia 242 km² 7.012 Colectividade de ultramar
Santa Helena Reino Unido Reino Unido 410 km² 7.460 Territorio de ultramar
Svalbard Noruega Noruega 62.049 km² 2.701 Territorio
Territorio Británico do Océano Índico Reino Unido Reino Unido 60 km² 3.500 Territorio de ultramar
Territorios Austrais Franceses Francia 7.829 km² 0 Territorio de ultramar
Tokelau Nova Zelandia Nova Zelandia 10 km² 1.405 Territorio asociado
Turks e Caicos Reino Unido Reino Unido 430 km² 20.556 Territorio de ultramar
Wallis e Futuna Wallis e Futuna Francia 274 km² 16.025 Territorio de ultramar
Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur Reino Unido Reino Unido 3.093 km² 0 Territorio de ultramar, territorios reclamados pola Arxentina, pero baixo administración británica
Xersei Illa de Jersey Reino Unido Reino Unido 116 km² 90.812 Dependencia da Coroa
Xibraltar Xibraltar Reino Unido Reino Unido 6,5 km² 27.776 Territorio de ultramar

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]