Guadalcanal, Illas Salomón
Guadalcanal | |
---|---|
Localización da illa | |
![]() Mapa da illa de Guadalcanal | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | Provincia de Guadalcanal |
Arquipélago | Illas Salomón |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 9°37′S 160°11′L / -9.617, -160.183 |
Xeografía | |
Superficie | 5.302 km² |
Punto máis alto | 2335 m. Monte Popomanaseu |
Demografía | |
Capital | Honiara (pob. 54.600 (2003 est.)) |
Poboación | 109.382 (1999) |
Densidade | 20´4 hab./km² |
- Para a vila española, véxase Guadalcanal
Guadalcanal (Oceanía), illa situada no suroeste do océano Pacífico. É a maior das illas Salomón. A súa extensión é de 5.336 km²;. A poboación é de 109.382 habitantes aproximadamente. A cidade máis importante é Honiara. No século XVI foi unha das illas do Pacífico polas que pasou a expedición de Álvaro de Mendaña.
Historia[editar | editar a fonte]
Descubrimento[editar | editar a fonte]
A illa foi descuberta por Álvaro de Mendaña no 1568 nunha expedición dirixida a descubrir a lendaria Terra Australis Incognita baixo o reinado de Filipe II. O nome da illa foi posto polo explorador Pedro de Ortega Valencia (naquel momento, membro da expedición de Mendaña) en honra ao seu pobo natal, Guadalcanal, na provincia de Sevilla.
Colonización e Independencia[editar | editar a fonte]
Aínda que a illa foi descuberta para a Coroa de Castela e Aragón, os esforzos españois en colonizala fracasaron. Ao longo dos séculos XVIII e XIX arribaron á mesma só misioneiros e distintos grupos de europeos. En 1885, a Compañía Alemá da Nova Guinea estableceu control sobre as illas Salomón. Con todo, a administración alemá durou pouco. En 1893, A parte sueste das Salomón foi convertida en protectorado británico e cinco anos máis tarde engadiuse a parte norte. En 1900, Alemaña transferiu os seus restantes dominios (con excepción de Bougainville e Buka) a Gran Bretaña a cambio da retirada británica de Samoa Oriental. Desde entón, como parte das Illas Salomón Guadalcanal foi ocupada pola Coroa Británica. En 1920 Bougainville e Buka foron postas baixo mandato australiano pola Liga das Nacións, mentres que Guadalcanal permaneceu baixo a coroa británica ata 1942, cando foi ocupada por forzas do Imperio do Xapón e, máis tarde, reconquistada por forzas estadounidenses (Ver Batalla de Guadalcanal). En 1976 a Coroa británica concedeu o autogoberno ás illas Salomón e dous anos despois, a independencia.
Batalla de Guadalcanal[editar | editar a fonte]
O acontecemento histórico máis importante sucedido nesta illa foi a batalla de Guadalcanal, no marco da segunda guerra mundial. A comezos de 1942 a illa achábase en poder do exército xaponés, a infantería de Mariña de EEUU chegou a Guadalcanal o 7 de agosto dese mesmo ano. O desembarco non tivo contratempos; pero a loita complicouse a partir dese momento, desatándose unha das batallas máis violentas desa guerra. Finalmente, os efectivos estadounidenses comunicaron o 9 de febreiro de 1943 a conquista da illa.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guadalcanal, Illas Salomón ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Frank, Richard B. Guadalcanal: The Definitive Account of the Landmark Battle, Penguin Books, 1990.
- Hadden, Robert Lee. 2007. "The Geology of Guadalcanal: a Selected Bibliography of the Geology, Natural History, and the History of Guadalcanal.". Alexandria, VA: Topographic Engineering Center.
- Hakim, Joy (1995). A History of Us: War, Peace and all that Jazz. New York: Oxford University Press. ISBN 0-19-509514-6.