Adamstown
Epónimo | John Adams (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Designación para unha entitade territorial administrativa dun país particular | territorio Británico de Ultramar | ||||
Territorio Británico | Illas Pitcairn | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 50 (2019) (10,87 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4,6 km² | ||||
Altitude | 330 m | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Charlene Warren-Peu (pt) (2020–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Adamstown, é a capital e única poboación da illa de Pitcairn. Debe ao seu nome a John Adams, o último mariñeiro amotinado do Bounty en morrer. A economía da localidade depende da agricultura, pesca, venda de selos de correos e do turismo.
Visión xeral
[editar | editar a fonte]Adamstown ten unha poboación de 50 habitantes, que é toda a poboación das Illas Pitcairn. Todas as outras illas do grupo están deshabitadas. Adamstown é onde residen a maioría, mentres cultivan comida noutras zonas da illa.[1]
A aldea é a segunda capital máis pequena do mundo. Ten acceso a televisión, Internet por satélite, e un teléfono; con todo, o principal medio de comunicación segue sendo a radio en onda curta. Segundo Google Maps, a única rúa con nome na capital chámase "The Hill of Difficulty" (O outeiro da dificultade).
A maioría dos habitantes son membros da Igrexa Adventista do Sétimo Día.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Historia das Illas Pitcairn e Motín do HMS Bounty.
A historia das Illas Pitcairn comeza co asentamento das illas por polinesios no século XI. Os polinesios estableceron unha cultura que floreceu durante catro séculos e logo desapareceu. Pitcairn repobouse de novo en 1790 por un grupo de amotinados británicos de HMS Bounty e Tahitíanos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xeografía das Illas Pitcairn.
O asentamento está situado no lado centro-norte da illa de Pitcairn, fronte ao océano Pacífico e preto da baía de Bounty, o único porto marítimo da illa.
Clima
[editar | editar a fonte]Adamstown ten un clima de selva tropical no sistema Clasificación climática de Köppen. A aldea presenta unha media de clima húmido e cálido e 1.700 mm de choiva ao ano. O mes máis húmido é xullo e as temperaturas non varían significativamente ao longo do ano.
Datos climáticos para Adamstown | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 31,7 | 32,4 | 33,3 | 30,7 | 29,1 | 31,3 | 26,7 | 26,7 | 25,7 | 27,2 | 27,6 | 29,3 | 33,3 |
Media máxima en °C | 28 | 28 | 28 | 26 | 25 | 23 | 22 | 22 | 23 | 24 | 26 | 27 | 27,4 |
Media diaria en °C | 25,0 | 25,5 | 25,0 | 23,5 | 22,5 | 21,0 | 20,0 | 20,0 | 20,5 | 21,0 | 22,5 | 24,0 | 22,54 |
Media mínima en °C | 22 | 23 | 22 | 21 | 20 | 19 | 18 | 18 | 18 | 18 | 19 | 21 | 19,7 |
Temperatura mínima en °C | 20 | 20 | 20 | 18 | 17 | 14 | 14 | 14 | 15 | 15 | 17 | 18 | 14 |
Chuvia media mm | 120 | 140 | 120 | 155 | 130 | 155 | 150 | 125 | 140 | 135 | 120 | 165 | 1 655 |
Media de días con chuvia | 14 | 13 | 13 | 12 | 11 | 11 | 11 | 12 | 12 | 13 | 14 | 14 | 150 |
Fonte: [2] |
Galería
[editar | editar a fonte]-
Igrexa Adamstown
-
Baía Bounty
-
Xente chegando á Baía Bounty
-
Biblia do HMS Bounty na igrexa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ www.lareau.org/pitc.html Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ "Climate - Pitcairn Islands". Consultado o 22 de setembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adamstown |