Port Vila
Coordenadas: 17°45′S 168°18′L / -17.750, -168.300
Port Vila | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Vista xeral de Port Vila | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Provincia | Shefa | ||
Illa | Efaté | ||
Xeografía | |||
Altitude | 0 msnm | ||
Demografía | |||
Poboación | 44.040 hab. (2009) | ||
Densidade | hab/km² | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Ulrich Sumptoh |
Port Vila[1] é a capital de Vanuatu e tamén a cidade maior do país. Situada na costa sur da illa de Efaté, na provincia de Shefa, a súa poboación consonte o último censo (1999) era de 29.356 habitantes[2]. Consonte as previsións efectuadas calcúlaselle para 2007 unha poboación de cerca de 40.000 habitantes, o que representaría sobre un 65% da poboación provincial. Port Vila é o centro económico e comercial de Vanuatu.
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
A área ocupada por Port Vila estivo habitada por melanesios durante centenares de anos.
En 1606, naves do rei de España, patroneadas por Pedro Fernández de Quirós e Luis Váez de Torres descubriron Vanuatu para Occidente.
Durante o século XIX colonos franceses estabeleceron a comuna de Franceville, que declarou a súa independencia en 1889 e se converteu na primeira nación que practicou o sufraxio universal sin distinción de sexo ou raza. Mais aínda que a poboación da época estaba formada por arredor de 500 nativos da illa e menos de 50 occidentais, só se permitía accederen a cargos aos últimos.
Despois de 1887 o territorio pasou a unha administración conxunta de Francia e Gran Bretaña. Isto formalizouse en 1906 como un Condominio franco-británico.
Durante a Segunda Guerra Mundial, Port Vila acolleu unha base aérea estadounidense e australiana.
En 1987, un tifón danou severamente a cidade. En xaneiro de 2002 un poderoso terremoto causos extensos danos na capital e áreas circundantes.
Economía[editar | editar a fonte]
Port Vila é o porto máis importante e o centro do comercio de Vanuatu. O aeroporto internacional Bauerfield está situado tamén na cidade.
As actividades máis importantes seguen a ser a agricultura e a pesca. O turismo tornouse tamén importante, especialmente con procedencia desde Australia e Nova Zelandia. Houbo uns 50.000 visitantes en 1997.
Porén Vanuatu dependende aínda da axuda estranxeira, que na maior parte procede de Australia e Nova Zelandia, mais nos últimos anos ven tamén en parte importante da República Popular China.
Un 35.7% das exportacións de Vanuato saen desde Port Vila, mentres que un 86.9% das importacións entran no país através de Port Vila.
Demografía[editar | editar a fonte]
A poboación da cidade é predominantemente melanesia, con pequenas porcentaxes de polinesios, asiáticos e europeos, estes principalmente franceses e británicos.
Linguas[editar | editar a fonte]
En Port Vila, fálase bislama por case toda a poboación na vida decote, mais tanto o inglés como o francés están moi difundidos. Fálanse tamén outros idiomas indíxenas de Vanuatu.
Relixión[editar | editar a fonte]
O cristianismo é a relixión predominante en todo Vanuatu, pois seus fieis conforman o 90% da súa poboación. A variante máis espallada é a Igrexa presbiteriana que segue un terzo da poboación. O catolicismo e a Igrexa de Melanesia son observados por un 15% da poboación.
Clima[editar | editar a fonte]
Port Vila ten un clima tropical, cunha estación quente e seca, e unha estación de choivas. A precipitación media anual é de arredor de 2.360 mm. Os ventos dominantes son os do sueste.
Educación[editar | editar a fonte]
En Port Vila hai unha sección da Universidade do Pacífico Sur, institución financiada por doce países do Océano Pacífico. No campus de Vanuatu hai Dereito e Linguas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ National Statistics Office 2000, The 1999 Vanuatu National Population And Housing Census, Government of Vanuatu, Port Vila
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Port Vila ![]() |
|
|