Dili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 8°34′S 125°34′L / -8.567, -125.567

Dili
Díli
Dili and Atauro Island.jpg
Imaxes de Dili
Localización
Dili en Timor Leste
Dili
Dili
PaísFlag of East Timor.svg Timor Leste
DistritoDistrito de Dili
Xeografía
Altitude11 msnm
Superficie48,268 km²
Demografía
Poboación277.279 hab. (2015)
Densidade5.744 hab/km²
Outros datos
AlcaldeGaspar Soares (2014)

Dili (en portugués: Díli) é a capital de Timor Leste. Sitúase na costa norte da illa de Timor, a máis oriental das illas do arquipélago malaio. Dili é o principal porto e centro comercial de Timor Leste e tamén posúe un aeroporto usado por voos comerciais e militares. Conta con 277.279 habitantes, segundo o censo de 2015.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Dili foi fundada o 1769 polos portugueses, como nova capital do Timor Portugués, en substitución de Lifau, no actual enclave de Oecussi-Ambeno, demasiado vulnerábel aos ataques dos neerlandeses. Durante a Segunda Guerra Mundial a cidade foi ocupada polos xaponeses e, coa fin da guerra, retornou o dominio portugués. Cando Timor Leste proclamou a súa independencia o 28 de novembro de 1975, tornouse capital do novo país. Porén, nove días despois, o 7 de decembro, forzas militares da Indonesia invadiron Dili. O 7 de xullo de 1976, a Indonesia transformou Timor Leste na súa 27ª provincia, chamada Timor Timur. No entanto, unha loita de guerrillas contra o invasor proseguiu, sendo violentamente combatida polo goberno indonesio. Ducias de millares de civís foron mortos.

Cando o país recuperou a súa independencia (vide historia de Timor Leste), Dili volveu novamente a ser capital do país.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. [www.statistics.gov.tl/wp-content/uploads/2017/02/Dili-em-Numeros-2015-.pdf "DILI EM NÚMEROS ESTATÍSTICA MUNICÍPIO DE DILI"] |url= incorrecto (Axuda) (PDF). www.statistics.gov.tl (en portugués). Consultado o 21 de xullo de 2018.  Carácter salto de liña en |título= na posición 17 (Axuda)