Boavista Futebol Clube
Aparencia
| Boavista | |||
|---|---|---|---|
| Nome | Boavista Futebol Clube | ||
| Alcume(s) | As Panteras | ||
| Fundación | 1903 (123 anos) | ||
| Estadio | Estádio do Bessa, | ||
| Inauguración | 1911 | ||
| Capacidade | 28.263 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Liga | Primeira Liga | ||
| 2021/22 | 11.º | ||
| Na rede | |||
| http://www.boavistafc.pt/ | |||
| |||
O Boavista Futebol Clube é un club deportivo portugués con sede no barrio da Boavista, freguesía de Ramalde, concello do Porto. É coñecido especialmente polo seu equipo de fútbol profesional, un dos cinco que conseguiron gañar algunha vez o Campionato de Liga. Na tempada 2014-15 regresou á Primeira Liga, despois de descender en 2008 por acusacións de corrupción, se ben en 2014 o xuízo foi declarado nulo.