Voo 17 de Malaysia Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 17 de Malaysia Airlines
9M-MRD, o avión involucrado no accidente.
Resumo
Data  17 de xullo de 2014
Causa  derrubado por un
mísil Buk
Lugar  preto de Hrabove no
oblast de Donetsk, Ucraína
Coordenadas  Coordenadas: 48°07′56″N 38°39′19″L / 48.132222222222, 38.655277777778
Orixe  Ámsterdam
Destino  Kuala Lumpur
Finados  298 (todos)
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 777-200ER
Operador  Malaysia Airlines
Rexistro  9M-MRD
Pasaxeiros  283
Tripulación  15
Superviventes  0

O voo 17 de Malaysia Airlines (MH17/MAS17) foi un voo internacional regular de pasaxeiros entre Ámsterdam e Kuala Lumpur que foi derrubado o 17 de xullo de 2014 mentres sobrevoaba o leste de Ucraína. O avión caeu preto de Hrabove no oblast de Donetsk, Ucraína, a unha 40 quilómetros da fronteira con Rusia.[1] Os 283 pasaxeiros e 15 tripulantes a bordo do Boeing 777-200ER morreron.[2][3] O accidente ocorreu na zona do conflito da insurxencia Donbass que se estaba a producir nese momento. Esta ruta foi probablemente elixida para aforrar combustible.[4] Foi o segundo avión perdido por Malaysia Airlines en 2014 despois da desaparición do voo 370 o 8 de marzo.

A responsabilidade da investigación foi delegada á Dutch Safety Board (DSB) e ao equipo de investigación conxunto liderado polos neerlandeses (JIT), que concluíu que o avión fora derrubado por un mísil Buk terra-aire lanzado dende territorio controlado por separatistas pro-rusos en Ucraína.[5][6] Segundo o JIT, o Buk usado procedía orixinalmente da 53ª brigada de foguetes antiaéreos da Federación Rusa,[7] fora transportado dende Rusia o día do accidente, foi disparado dende un campo nunha zona controlada polos rebeldes e o lanzador regresou a Rusia despois de que fose usado para derrubar o MH17.[8][9][10] Baseándose nas conclusións do JIT, os gobernos dos Países Baixos e Australia responsabilizan a Rusia polo despregue do mísil e están tomando medidas para responsabilizala formalmente.[11]

Os achados da DSB e o JIT confirmaron afirmacións anteriores das fontes de intelixencia estadounidenses e alemás sbre o tipo de mísil e a zona de lanzamento. No ano 2014 a intelixencia dos Estados Unidos dixera que Rusia subministrara o mísil Buk ao insurxentes pro-rusos, e que estes probablemente derrubaron o MH17 por erro, pensando que era un avión militar. O primeiro ministro ucraíno Arseniy Yatsenyuk culpou a soldos profesionais que segundo el procedían de Rusia, afirmando que "non eran militantes borrachos con pasaportes ucraínos, foi feito por profesionais rusos e coordinados dende Rusia", engadindo que "todo o mundo aprendeu sobre as mentiras e a propaganda rusa".[12] En maio de 2018 o goberno ruso rexeitou as afirmación de que Rusia ten responsabilidades no accidente e negou calquera implicación. O ministro de defensa ruso dixo que nunca se despregaron sistemas de mísiles antiaéreos en Ucraína.[7][13] O goberno ruso mantén a responsabilidade ucraína xa que o accidente produciuse no seu espazo aéreo.[14][15][16]

O avión[editar | editar a fonte]

O voo 17 estaba operado por un Boeing 777-2H6ER, co número de serie 28411 e rexistro 9M-MRD.[17] Foi o 84º Boeing 777 fabricado e realizou o seu primeiro voo o 17 de xullo de 1997, exactamente 17 anos antes do incidente, sendo entregado a Malaysia Airlines o 29 de xullo dese mesmo ano.[18] Estaba equipado con dous motores Rolls-Royce Trent 892 e tiña unha configuración para levar 282 pasaxeiros (35 en clase business e 248 en económica). O aparello levaba realizadas máis de 43.000 horas de voo, incluídos 6.950 ciclos, antes do accidente.[18][19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Telegraph (ed.). "Malaysia Airlines plane crashes on Ukraine-Russia border". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2014. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  2. The Sydney Morning Herald (ed.). "Malaysia Airlines flight MH17 shot down over Ukraine, 298 dead, 27 Australians on board". Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  3. Reuters (ed.). "Malaysian airliner downed in Ukraine war zone, 295 dead". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2014. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  4. The Independente (ed.). "Terror in the sky: Did MH 17 do the right thing?". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2014. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  5. Dutch Safety Board (ed.). "MH17 Crash" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2015. Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  6. The Guardian (ed.). "MH17 crash report: Dutch investigators confirm Buk missile hit plane". Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  7. 7,0 7,1 CNN (ed.). "Missile that downed MH17 'owned by Russian brigade'". Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  8. BBC (ed.). "MH17 missile owned by Russian brigade, investigators say". Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  9. BBC (ed.). "MH17 missile 'came from Russia', Dutch-led investigators say". Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  10. The Sydney Morning Herald (ed.). "Malaysia Airlines flight MH17 was shot down from pro-Russian rebel controlled territory, investigation finds". Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  11. Goberno dos Países Baixos (ed.). "MH17: The Netherlands and Australia hold Russia responsible". Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  12. Kyiv Post (ed.). "Yatsenyuk: ‘I think we will win’". Consultado o 13 de xuño de 2018. 
  13. Tass (ed.). "No Russian air defense missile systems crossed Russia-Ukraine border". Consultado o 13 de xuño de 2018. 
  14. BBC (ed.). "Ukraine crisis: Poroshenko offers rebels more autonomy". Consultado o 13 de xuño de 2018. 
  15. The Sydney Morning Herald (ed.). "MH17 anniversary: In Russia, conspiracy theories on downed plane still find believers". Consultado o 13 de xuño de 2018. 
  16. Merdeka (ed.). "Internet dipenuhi berita konspirasi penembakan MH17". Consultado o 13 de xuño de 2018. 
  17. Aviation Safety Network (ed.). "Descrición do accidente". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2014. 
  18. 18,0 18,1 Airfleets (ed.). "Datos do avión en Airfleets". Consultado o 21 de xullo de 2014. 
  19. The Boston Globe (ed.). "Malaysian plane was shot down by missile, US official says". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2014.