La Condamine
La Condamine | |
---|---|
Estado | Mónaco |
Capital | Mónaco |
• Poboación | n/d |
Linguas oficiais | n/d |
• Total | 0,237283 km² |
• % auga | n/d |
• Total | 11946 hab. |
• Densidade | n/d |
Xentilicio | n/d |
Fuso horario | n/d |
Código ISO | n/d |
La Condamine é o segundo distrito máis antigo de Mónaco, logo de Monaco-Ville, actualmente é un dos dez barrios nos que se atopa dividido o Principado de Mónaco. Está situada ao noroeste do país, ao redor do porto de Mónaco, cuxo verdadeiro nome é Porto de Hércules.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Localización en Mónaco[editar | editar a fonte]
Por definición ampla, é un dos catro barrios tradicionais. Pero, máis especificamente é un dos dez modernos "Distritos de Mónaco", a súa área tradicional incluía tamén os modernos distritos de Moneghetti, Les Révoires e La Colle.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Foi fundada en 1297 e o seu nome provén da Idade Media, facendo referencia á terra cultivable que se atopa aos pés dun pobo ou dun castelo. Hoxe en día o porto de Mónaco e un próspero distrito financeiro dos que 0.052 km² se atopan na Condamine, logo dunha recente ampliación do Porto de Hercules que se completou en 2010.
Ten 16.213 habitantes segundo o censo de 2000, e entre os seus atractivos atópanse o mercado municipal da Praza de Armas ou a rúa Princess Caroline, peonil e con grande actividade comercial. Tamén se destaca a capela de Santa Devota, construída no século XI e restaurada no século XIX, onde se celebran todos os 27 de xaneiro cerimonias na súa memoria.
O Gran Premio de Mónaco no Circuíto de Mónaco comeza na Condamine no bulevar Alberte I e entra en Monte Carlo antes de regresar ao distrito.
O iate que pertence ao Príncipe de Mónaco polo xeral atraca no gran porto da Condamine, Porto Hércules.
O complexo deportivo municipal da Condamine, o Estadio Náutico Rainiero III consiste nunha piscina olímpica climatizada de auga salgada, trampolíns, e un escorregadoiro.[1] A piscina convértese nunha pista de xeo de decembro a marzo.
A única estación de tren de Mónaco, a Gare de Monaco-Monte-Carlo atópase na Condamine.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Rainer III Nautical Stadium". Marie de Monaco - Rainier III Nautical Stadium. Marie de Monaco. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2013. Consultado o 25 May 2013.
- ↑ History of Monaco station from the official site Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en francés)