Saltar ao contido

Funafuti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaFunafuti
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 8°30′17″S 179°07′02″L / -8.50478, 179.11736
País insularTuvalu Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación6.025 (2012) Editar o valor en Wikidata (2.510,42 hab./km²)
Xeografía
Superficie2,4 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2TV-FUN Editar o valor en Wikidata
Patrimonio Xeolóxico da IUGS
Dataoutubro de 2022
IdentificadorSITE 006

Funafuti é un atol no que se atopa a capital e principal centro económico do país insular de Tuvalu.[1][2] Ten unha poboación de 6.025 persoas,[3] polo que é o atol máis poboado do país, co 56,6 por cento da poboación de Tuvalu.

Ás veces, a capital de Tuvalu é referida como Fongafale ou Vaiaku. Con todo, todo o atol de Funafuti é oficialmente a capital.

Funafuti está situada no atol máis grande do pequeno país. Desde o atol, expórtase copra e outros moitos froitos tropicais. O atol carece de recursos naturais, polo que os habitantes da zona confían na agricultura de subsistencia e na pesca.

O único hotel de Tuvalu está situado moi preto de Funafuti, na localidade de Fongafale.

O atol de Funafuti tamén conta con aeroporto.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O atol é un anel formado por unha estreita franxa de terra, de entre 20 e 400 metros de largo, que rodea unha gran lagoa central (Te Namo) de 18 km de longo e 14 km de largo. A profundidade media da lagoa Funafuti é de aproximadamente 36,5 metros.[4] Cunha superficie de 275 km², é de lonxe a lagoa máis grande de Tuvalu.

Ten 33 illotes e a superficie total terrestre suman 2,4 km², menos do un por cento da superficie total do atol. Os buques de carga poden ingresar á lagoa de Funafuti e atracar nas instalacións portuarias de Fongafale.

Illas de Funafuti

[editar | editar a fonte]

Estímanse 33 illas no atol.[1] A maior delas é Fongafale, seguida de Funafala. Polo menos hai tres illas que están habitadas, as cales son Fongafale, a principal illa ao leste, Funafala, no sur, e Amatuku, ao norte.

Atol Funafuti
Localización do atol dede Funafuti
Datos
País Tuvalu Tuvalu
Illa principal Fongafale
Linguas Tuvalés e inglés
Poboación (2012) 6.025 hab.
Superficie 2,8 km²
Superficie lagoa 275 km²
Nº de illas 33
Coordenadas 8°31′S 179°13′L / -8.517, -179.217
Maior Altura
Localización

Canles en Funafuti

[editar | editar a fonte]

O atol ten varios canles cara a lagoa, con cadanseu grao de navegabilidade. A listaxe deles, comezando polo illote Fongafale ao sur, e seguindo as agullas do reloxo, son:[5]

  • Te Ava Pa Pua
  • Te Ava Fuagea
  • Te Ava Papa
  • Te Ava Kum Kum
  • Te Ava Tepuka Vili
  • Te Ava Tepuka
  • Te Avua Sari
  • Te Ava i te Lape

A lagoa (Te Namo en tuvalés) do atol ten unha lonxitude de norte-sur de 24,5 km, e de leste-oeste de 17,5 km, facendo unha superficie total de 275 km² e a lagoa máis grande de Tuvalu. A súa profundidade chega acadar os 54,72 metros, mais ten algúns escollos e arrecifes de moi pouca profundidade.[6]

  1. 1,0 1,1 Map of Funafuti. Tuvaluislands.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 23 de decembro de 2017. 
  2. Lal, Andrick. South Pacific Sea Level & Climate Monitoring Project - Funafuti atoll (PDF). SPC Applied Geoscience and Technology Division (SOPAC Division of SPC). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2017. 
  3. "Population of communities in Tuvalu". Thomas Brinkhoff. 11 de abril de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2016. 
  4. Coates, A. (1970). Western Pacific Islands. H.M.S.O. pp. 349. 
  5. Admiralty Nautical Chart 2983 Tuvalu – Funafuti atoll. United Kingdom Hydrographic Office (UKHO). 
  6. "EU-SOPAC Project Report 50: TUVALU TECHNICAL REPORT High-Resolution Bathymetric Survey Fieldwork undertaken from 19 September to 24 October 2004" (PDF). Pacific Islands Applied Geoscience Commission c/o SOPAC Secretariat. October 2018. Consultado o 21 October 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]