Estación de Puente Genil-Herrera
| Estación de Puente Genil-Herrera | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Puente Genil | |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Estado de uso
| |||||||
| Persoas e organizacións | |||||||
|
Operador/a
| |||||||
|
Propietario/a
| |||||||
| |||||||
| Transporte | |||||||
|
Servizo de conexión
| |||||||
|
Código de estación
| |||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
Puente Genil-Herrera é unha estación de alta velocidade de Adif, situada na estrada A-318, sobre o límite provincial entre Córdoba e Sevilla, entre as cidades de Puente Genil e Herrera.
Esta estación forma parte da liña de alta velocidade Córdoba-Málaga. Dá servizo, xunto coa estación de Antequera-Santa Ana, á poboación da zona central de Andalucía.
Características
[editar | editar a fonte]A liña de alta velocidade Córdoba-Málaga está deseñada para soportar velocidades de tráfico de ata 350 km/h; con todo, os trens comerciais teñen un límite de velocidade de 300 km/h.
Os trens máis rápidos de Renfe, o AVE e o Avant, comunican a Puente Genil-Herrera con Córdoba en 23 minutos, e con Antequera-Santa Ana en só 12.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longo Percorrido
[editar | editar a fonte]O servizo AVE Madrid-Málaga realízase en 15 ocasións ao día en ambos os sentidos, parando en Puente Genil-Herrera en cinco destas. O AVE Barcelona-Málaga circula unha vez ao día, parando nesta estación durante o día, e un tren Talgo comezará a prestar un servizo nocturno no mesmo traxecto desde o día 26 de xaneiro de 2009
| Nome do tren | Orixe/Destino | Paradas intermedias | Características |
|---|---|---|---|
| AVE | Madrid-Puerta de Atocha | Córdoba-Central · Puertollano · Cidade Real | 15 trens diarios por sentido |
| Málaga-María Zambrano | Antequera-Santa Ana | ||
| AVE | Barcelona-Sants | Córdoba-Central · Zaragoza-Delicias · Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona | 1 tren diario por sentido |
| Málaga-María Zambrano | Antequera-Santa Ana | ||
| Talgo | Barcelona-Sants | Córdoba-Central · Zaragoza-Delicias · Camp de Tarragona | 1 tren diario por sentido |
| Málaga-María Zambrano | Antequera-Santa Ana |
Media Distancia
[editar | editar a fonte]O servizo Avant Sevilla-Córdoba-Málaga realízase en 5 ocasións ao día en ambos sentidos, parando sempre en Puente Genil-Herrera.
| Nome do tren | Orixe/Destino | Paradas intermedias | Características |
|---|---|---|---|
| Avant | Sevilla-Santa Justa | Córdoba-Central | 5 trens diarios por sentido |
| Málaga-María Zambrano | Antequera-Santa Ana |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Puente Genil-Herrera |
