Estación de Calahorra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°18′38″N 1°57′29″O / 42.31056, -1.95806

Calahorra
Calahorra - Estación de tren.JPG
SituaciónCalahorra (A Rioxa)
ServizosAparcadoiro
Liñas
Longa DistanciaAlvia
Media distanciaMD, Rexional Exprés

A estación de Calahorra é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Calahorra, na Rioxa. Ten servizos de longa e media Distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 27,7 da liña férrea de ancho ibérico que une Castejón con Bilbao por Logroño e Miranda de Ebro a 324 metros de altitude.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o 30 de agosto de 1863 coa apertura do tramo Castejón-Orduña da liña férrea que pretendía unir Castejón con Bilbao. As obras correron a cargo da Compañía do Ferrocarril de Tudela a Bilbao creada en 1857.[2] En 1865 a compañía declarouse en suspensión de pagos por non poder superar as dificultades económicas derivadas do investimento realizado na construción da liña e foi intervida polo Banco de Bilbao.[3] En 1878, foi absorbida por Norte que mantivo a titularidade da estación ata a nacionalización do ferrocarril en España en 1941 e a creación de Renfe.

Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación[editar | editar a fonte]

Sitúase ao nordés do núcleo urbano. O seu edificio para viaxeiros, que non conserva o seu deseño orixinal é de base rectangular e dúas alturas. Está construído con ladrillo visto e dispón dunha marquesiña metálica encostada cubrindo parcialmente a plataforma principal. Dispón de catro vías numeradas como vías 1, 2, 3, e 5.[4] Todas dispoñen de acceso a plataforma, ben a través da plataforma lateral ben a través da plataforma central a cal dispón dunha marquesiña metálica para protexer aos viaxeiros. Os cambios dun a outro realízanse a nivel.

Ten sala de espera, venda de billetes, aseos, alugueiro de coches, servizos bancarios, servizos postais e servizos adaptados ás persoas con discapacidade. No exterior existe un aparcadoiro habilitado.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 6 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Alfaro · Calahorra Logroño 6 trens semanais por sentido
Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Alfaro · Calahorra · Logroño · Haro · Miranda de Ebro Bilbao-Abando 2 trens diarios por sentido

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizados a 6 de xullo de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
22 MD
Rexional Exprés
Zaragoza-Delicias Logroño
Salamanca

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]