Estación de Tardienta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°58′30″N 0°32′20″O / 41.9749, -0.539

Tardienta
SituaciónTardienta
ServizosAseos Servizos adaptados Aparcadoiro Cafetería
Liñas
Alta velocidadeAVE
Media distanciaRexional, Rexional Exprés

A estación de Tardienta é unha estación ferroviaria de Adif situada no concello de Tardienta, na provincia de Huesca. Conta con servizos de alta velocidade e de media distancia, sendo o núcleo urbano español máis pequeno en ter unha parada de AVE.[1] Cumpre tamén funcións loxísticas.[2]

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

Atópase situada no punto quilométrico 57,2 da liña férrea de ancho ibérico que une Madrid con Barcelona a 383 metros de altitude, entre as estacións de Zuera e de Grañén.[3] A quilometraxe da liña sofre un reinicio na capital maña ao basearse en antigos trazados. Forma parte tamén da liña férrea de ancho UIC que corre en paralelo á anterior ata Tardienta que une Zaragoza con Huesca, atopándose no mesmo punto quilométrico.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi aberta ao tráfico o 18 de setembro de 1861, coa apertura do tramo Zaragoza-Lleida da liña férrea que pretendía conectar Zaragoza con Barcelona.[4] As obras correron a cargo da Compañía do Ferrocarril de Barcelona a Zaragoza.[4] Buscando mellorar tanto a ligazón da liña con outros trazados, así como a súa saúde financeira a compañía decidiu en 1864 unirse coa empresa que xestionaba a liña férrea que enlazaba Zaragoza con Pamplona dando lugar á Compañía dos Ferrocarrís de Zaragoza a Pamplona e a Barcelona.[4] Devandita fusión mantívose ata que en 1878 a poderosa Norte que buscaba estender as súas actividades ao leste da península logrou facerse coa compañía.[4] Norte mantivo a xestión da estación ata que en 1941 produciuse a nacionalización do ferrocarril en España e todas as compañías existentes pasaron a integrarse na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación[editar | editar a fonte]

Atópase ao sur do municipio. Dispón dun edificio para viaxeiros de base rectangular e planta baixa dotado con venda de billetes, cafetería, sala de espera e aseos. Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central, as dúas cubertas por marquesiñas metálicas. O cambio dun a outro se realiza grazas a un paso subterráneo. En total o recinto posúe seis vías numeradas.[2] A vía 1 accede á plataforma lateral mentres que as vías 2 e 3 fano ao central.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 8 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AVE Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Tardienta Huesca 2 trens diarios por sentido

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 8 de xullo de 2016.

Liña MD Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
' Rexional
Rexional Exprés
Madrid-Chamartín
Zaragoza-Delicias
Lleida-Pirineus
56 Rexional Zaragoza-Delicias Canfranc
Huesca

Notas[editar | editar a fonte]

  1. As estacións fantasmas do AVEDiario Público
  2. 2,0 2,1 TardientaAdif
  3. 3,0 3,1 Ministerio de Fomento. "Rede ferroviaria española" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 10 de decembro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Zaragoza a Barcelona Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]