Estación de Puertollano
Puertollano | |
---|---|
Situación | Puertollano (Cidade Real) |
Servizos | |
Liñas | |
Alta velocidade | AVE |
Longa Distancia | Alvia, Altaria |
Media distancia | Avant, Intercity, Rexional Exprés |
A estación de Puertollano é unha estación de tren de Adif da cidade de Puertollano, na provincia de Cidade Real. Foi inaugurada en 1992 coa posta en marcha da liña de alta velocidade Madrid-Sevilla, substituíndo á histórica estación de 1864. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación que se atopa situada a 711 metros de altitude forma parte dos trazados das seguintes liñas de ferrocarril:
- Liña férrea de ancho ibérico Cidade Real-Badaxoz, punto quilométrico 213,7.[1]
- Liña férrea de ancho internacional e alta velocidade Madrid-Sevilla punto quilométrico 209,7.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O ferrocarril chegou a Puertollano o 19 de agosto de 1864 coa apertura do tramo Cidade Real-Puertollano da liña que buscaba unir Cidade Real con Badaxoz.[3] A compañía dos Ferrocarrís de Cidade Real a Badaxoz foi a impulsora da liña e a súa xestora ata o 8 de abril de 1880 data na cal foi absorbida por MZA.[3] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparación de MZA e a súa integración na recentemente creada Renfe.
En 1991 iniciouse a construción dunha nova estación para dar servizo á primeira liña de alta velocidade construída en España, a Madrid-Sevilla. O recinto foi inaugurado un ano despois integrándose nel o novo trazado e o trazado convencional. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota as liñas existentes mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias incluíndo a estación.
A estación
[editar | editar a fonte]O edificio levantado en 1992 é un recinto formado por un pavillón central baseado en dous enormes alicerces realizados con ladrillos vistos de gran sobriedade e varios anexos laterais. Conta con puntos de información, venda de billetes, máquinas expendedoras, aseos, e varios locais comerciais entre os que hai unha cafetería, tendas de agasallos e empresas de alugueiro de coches.
O acceso ás plataformas, un lateral e dous centrais, realízase principalmente grazas pasos subterráneos ou ascensores a excepción da plataforma lateral á que se pode acceder directamente. Foi dotada con catro vías de ancho internacional (dous sen acceso a plataforma) e tres vías de ancho ibérico.
No exterior dispón de varias zonas de aparcadoiro habilitadas, así como paradas de taxi e autobuses urbanos.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa Distancia
[editar | editar a fonte]Actualizados a 4 de xullo de 2016.
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizados a 4 de xullo de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Avant | Madrid-Puerta de Atocha | <> | Puertollano | |
Rexional Exprés | Puertollano | <> | Badaxoz | |
Avant | Alcázar de San Juan | <> | Badaxoz |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ Puertollano (Est.)) Euroferroviarios
- ↑ 3,0 3,1 "Ciudad Real á Badajoz (y Almorchón a las minas de Carbón de Bélmez)". Spanish Railway (en castelán). Consultado o 2022-04-09.